Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

por outra unión europea. conversa con Bieito Lobeira.

17/5/2024

0 Comentários

 
Fotografia
A Agrupación Cultural O Galo convídavos á CONVERSA CON BIEITO LOBEIRA centrada en discernir as posibilidades de termos “Outra Unión Europea”.
Esta actividade, que se levará a cabo na Libraría Couceiro o 22 de maio ás 19:30 horas,   está pensada para que os asistentes pregunten canto desexen sobre o funcionamento e comportamento dese organismo supranacional, que tanto inflúe no noso día a día. A conversa co candidato número dous no listado do BNG ás próximas eleccións europeas, será moderada por Lucía Veciño  graduada en historia e tralladora da Fundación Galiza Sempre,   nela as vosas preguntas ocuparán o 80% do tempo, xa que se formulou como un diálogo para contrastar criterios, ollar a viabilidade de cambios e valorar as futuras actuacións desa poderosa entidade que afecten a Galiza. 
Bieito Lobeira Domínguez, naceu en Seixo (Marín), 1968. Membro da Executiva Nacional do BNG, e candidato nas eleccións ao Parlamento europeo. Foi deputado no Parlamento de Galiza.
Resumo da intervención:
O BNG mantivo desde sempre unha posición crítica ante o  modelo económico e social que representa a UE, que se manifestou na oposición á entrada no Mercado Común Europeo e en posicións contrarias ao Tratado de Maastricht e ao referendo da Constitución Europea.
Este proceso estivo e está ao servizo de intereses económicos de grandes corporacións e oligopolios, é lesivo para as maiorías sociais e, no caso de Galiza, provocou consecuencias dramáticas sobre os principais sectores produtivos, de perda de emprego, de freo ao aproveitamento das nosas potencialidades económicas e, por tanto, ás posibilidades de promover un desenvolvemento económico autocentrado.
Mais, ao mesmo tempo, esta foi tamén unha estrutura profundamente antidemocrática, negando os dereitos dos pobos e mantendo unha política internacional servil cos Estados Unidos e a OTAN, tal e como se comproba no caso da Palestina.
A aposta debe ser a dunha Europa que tome como base a vontade democrática das nacións e dos pobos, nunha Europa social e realmente democrática. A Galiza ten que poder decidir libremente sobre os seus intereses e tamén ter capacidade de falar e negociar directamente nas institucións europeas, internacionais ou con terceiros países. 
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.