Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

o panteón real dos reis da galiza volve a rexurdir

24/6/2019

1 Comentário

 
​O Panteón Real, dentro da Catedral, é o lugar onde se atopan os sepulcros de dous reis de Galicia, Fernando II e Afonso VIII, e máis doutras destacadas personalidades dese reino, como a emperatriz Berenguela, Xoana de Castro ou o conde Pedro Froilaz de Traba.
ImagemMercedes Espiño, secretaria da AC.O Galo, Branca Novoneyra, concelleira de Cultura do Concello de Santiago e Esperanza Delgado, tesoureira da AC.O Galo, na presentación do libro "O Panteón Real"




O Concello de Santiago vén de publicar unha guía sobre o Panteón Real, en colaboración coa Agrupación Cultural O Galo. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou o xoves a publicación, que forma parte da colección Saber e Descubrir, nunha rolda de prensa na que participaron Esperanza Delgado e Mercedes Espiño, integrantes da asociación.
A concelleira de Acción Cultural explicou que o obxectivo da publicación é "poñer en valor o Panteón Real, un símbolo do noso patrimonio material e inmaterial que ás veces pasa desapercibido dentro da grandiosidade da Catedral de Santiago". Branca Novoneyra sinalou que "o Concello acompañou á Agrupación Cultural O Galo neste traballo que vén desenvolvendo dende hai xa máis de dúas décadas para visibilizar a importancia do Panteón Real como capital simbólico e como mostra da nosa identidade".
A obra presentada o xoves inclúe artigos sobre o Panteón Real asinados por expertos como Ramón Yzquierdo Peiró e Anselmo López Carreira, así como unha introdución elaborada por M.ª del Pilar Rodríguez Suárez e Mercedes Vázquez Bertomeu, de Dehistoria. A publicación complétase cunha achega do flamante director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez, que repasa a historia do Panteón Real acompañándose de numerosas imaxes.
O Panteón Real, dentro da Catedral, é o lugar onde se atopan os sepulcros de dous reis de Galicia, Fernando II e Afonso VIII, e máis doutras destacadas personalidades dese reino, como a emperatriz Berenguela, Xoana de Castro ou o conde Pedro Froilaz de Traba. O deste foi o último sartego en incorporarse ao Panteón Real, que se abrira co soterramento de Raimundo de Borgoña, conde de Galicia. Os investigadores sinalan que a información que se traslada sobre o Panteón Real "non achega unha versión correcta da historia, porque se explica que neste espazo da Catedral están soterrados reis de León, cando realmente foron coroados como reis de Gallaecia, tal e como se recolle na documentación da época" 
​(Texto tirado de "Compostela24horas.com", publicado o 15 de xuño de 2019 co título "O Panteón Real volve a rexurdir".)



1 Comentário
NSA Etobicoke link
16/5/2024 04:56:51

Thhanks great blog

Responder



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.