Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

O Escudo do Reino de Galiza, unha (re) visión (inter)nacional (Héitor picallo)

1/10/2021

0 Comentários

 
Imagem
 A.C. O Galo continúa as súas actividades cunha mesa redonda sobre o libro  O Escudo do Reino de Galiza, unha (re) visión (inter)nacional, da autoría do investigador, escritor e ilustrador Héitor Picallo, editado en 2021 por Sermos Galiza, con prólogo do lingüista alemán Johannes Kabatek e epílogo do crítico da arte Carlos Luis Bernárdez.

Data: Venres, 8 de outubro de 2021, ás 19.30 h.
Lugar: Museo do Pobo Galego, Costa de San Domingos de Bonaval. Santiago de Compostela.
Participan:

Héitor Picallo, autor do libro e investigador
Anselmo López Carreira, profesor da UNED
Xosé Manoel Sánchez, director da área de medieval do Arquivo da Catedral de Santiago
Ana Rodiño, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza
M. Antonia Pérez, presidenta da AC. O Galo

Ao rematar o acto, o seu autor asinará exemplares deste libro, editado na colección Monografías de Sermos Galiza.

As prazas son limitadas e a actividade vai dirixida ás persoas asociadas á A.C. O Galo, que poderán traer un acompañante, mais por mor da situación sanitaria do momento, cómpre que enviedes a solicitude de inscrición ao correo electrónico [email protected]  antes das 23.00 horas do mércores 6 de outubro de 2021, sendo imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento:  nome, dous apelidos e número de teléfono, por mor das normas Covid.
A admisión será seguindo rigorosamente a orde dos correos recibidos.
É obrigatoria a asistencia con máscara e mantendo as normas de seguridad contra a Covid-19.


Héitor Picallo Fuentes é un escritor cuntiense que ten desenvolvido numerosas actividades culturais en diversos recunchos de Galiza, así como campañas en defensa do patrimonio público (Burgas de Cuntis), do patrimonio histórico-artístico (mámoas, aras romanas, petróglifos, edificios senlleiros de determinadas vilas da contorna caldense), na defensa de diversos intelectuais galegos como Isaac Díaz Pardo.

En literatura infantil ten tirado do prelo a colección de libros infantís Tilirín: o meu primeiro dicionario, do que xa van publicados 8 volumes.
Colabora en proxectos de Recuperación da Memoria Histórica  e publica en revistas de investigación como, entre outras, O Museo de Pontevedra, Raigame, Murguía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, Conimbriga, Revista de Arte de Amigos del Románico etc. Ten colaborado en xornais e publicacións periódicas como  El Correo Gallego, Vieiros, Diario de Pontevedra, A Nosa Terra, Sermos Galiza, Galicia Confidencial, Terra e Tempo, Nós Diario, Luzes e La Voz de Galicia. 
Entre as súas obras publicadas, temos: Xohán Xesús González: Un precursor do soberanismo galego; No medievo, castañas e castiñeiros como recursos económicos,  As letras galegas en caricatura (2020), O escudo do Reino da Galiza: unha ollada internacional, en Nós Diario (2020).
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.