A A.C. O Galo súmase á petición que, desde moitas organizacións, se lle está facendo á RAG de que se adíe a celebración do Día das Letras Galegas adicado a Don Ricardo Carvalho Calero para o ano 2021, por mor da situación de alerta sanitaria que estamos a viver neste 2020.
Logo de moito tempo de reivindicarmos un recoñecemento institucional a Don Ricardo e que se lle dedicasen as Letras, ocorre que grande parte dos actos que se estaban a preparar non se poden realizar por mor das restricións sanitarias. Por iso queremos pedir que se traslade o Ano Carvalho para o 2021!!!! Para homenaxealo como el se merece.
Incluímos a carta de identidade do estudante Ricardo na Faculdade de Dereito.
Queremos chamar a atención sobre o seu enderezo, a tradicional Rúa dos "Brillares" (onde morara tamén Lois Porteiro Garea), á que algún acordo do Concello compostelán posteriormente modificou o seu nome tradicional polo curioso de "Abril Ares", como se fosen os apelidos de ilustre compostelano. Reivindícase, xunto con Carvalho, que el tamén o faría, a recuperación do xenuíno nome da rúa, "Os Brilares".

Inclúese tamén a comunicación enviada polo "Excmo. Ayuntamiento de El Ferrol" en que, a 22 de xaneiro de 1937, se lle notifica que foi dado de baixa definitivamente do servizo ao funcionario administrativo D. Ricardo Carballo Calero.