Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Contacto

letras galegas 2018 MARIA VICTORIA MORENO

5/3/2018

0 Comentários

 
Imagen
Todos os días do ano, todos os povos do mundo deben preservar, conservar, poñer en valor e espallar a súa cultura. Por isto, e non só porque o próximo 17 de maio se celebran as nosas letras, organizamos a presentación do libro Renacer á Descuberta das Palabras, editado polo xornal Sermos Galiza.  Ao remate desta presentación haberá coloquio tamén coas autoras da obra.

O libro está centrado en Mª Victoria Moreno, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. 
Desde 1963 ata 2018, só houbo catro mulleres homenaxeadas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e Mª Victoria Moreno (2018).
Nacida en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) en 1939, foi unha galega de vocación, e de adopción. Ademais de profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra, foi editora, tradutor, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega. Participou activamente na vida cultural e política de Pontevedra e de Galiza, defendendo e promovendo o galego. En xullo de 1973, foille denegado o pasaporte pola policía por ter participado e impartido desde 1971 uns cursos de galego non remunerados en Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.
A súa obra máis coñecida é "Anagnórise", publicada en Editorial Galaxia en 1988. En literatura infantil "Leonardo e os fontaneiros" acadou o premio na 3ª convocatoria "O Barco de vapor" e foi publicado por Ed. Galaxia en 1986.
Como tradutora, resaltaremos "Mecanoscrito da segunda orixe", de Manuel de Pedrolo, 1989.


Sobre esta escritora e a súa obra falarán:
Mercedes Queixas Zas, escritora
Montserrat Pena Presas profesora da USC, que fixo a súa tese de doutoramento sobre a literatura infantil galega
Carme Vidal Laxe, xornalista e investigadora
Mercedes Espiño, presentará o acto en nome da AC O Galo.

O acto terá lugar no espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa Fonte do Stª Antonio nº 10, Santiago), ás 20:30h do martes 8 de maio de 2018.


0 Comentários



Enviar uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Categorías

    Todos

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Proudly powered by Weebly