Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

leitura homenaxe a xabier p. docampo

31/5/2019

0 Comentários

 
Imagem
Neste mes de xuño de 2019 cúmprese un ano da morte do escritor Xabier P. Docampo.
Vaise celebrar a partir das 17.00 horas do martes 4 DE XUÑO de 2019 na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela. 
O Acto consistirá na leitura de textos de Xabier Docampo. Os e as participantes porémoslle voz á súa palabra, evitando calquera tipo de discurso.
Ás 19.00 horas haberá unha pequena charla da crítica e máxima coñecedora da súa obra María Jesús Fernández.
A participación da AC O Galo, o mesmo que a das outras organizacións participantes, consiste na presenza de asociados e amigos que poidan ler un texto. 
ARTIGO PUBLICADO EN "SERMOS GALIZA" O 26 DE XUÑO DE 2018 POR MOR DO PASAMENTO DE XABIER P. DOCAMPO

Morre Xabier P. Docampo, voz imprescindíbel da literatura infantil e xuvenil galega

A súa última, xa derradeira, novela publicouse o pasado novembro. Investigación no gris da posguerra, radiografía das maneiras en que se desprega o poder fascista, investigación de personaxes e precisa maquinaria narrativa, "A nena do abrigo de astracán" (Xerais, 2017) obtivo o recoñecemento dos seus pares na Gala do Libro Galego.
Era unha obra desas que se escriben durante toda a vida, o seu asalto ás coleccións editorialmente enfocadas ao público adulto, ao cabo o derradeiro oitomil dun traxecto en que abundaban.
"Cando petan á porta pola noite" (Xerais, 1994) fora, talvez, o primeiro. Estes catro relatos de terror supuxeron a consagración exterior do escritor. O Ministerio de Cultura outorgoulle o Premio Nacional de Literatura, gañou tamén o White Raven, entrou na lista de honra da IBBY. E o máis importante, entremeteuse na imaxinación de milleiros de lectores mozos.

Milleiros, si. Reeditado en numerosas ocasións e traducido a todas as linguas ibéricas, é un dos títulos chave para entender a posición de Puente DoCampo no olimpo da literatura infantil e xuvenil. Canda el, o seu querido amigo Agustín Fernández Paz (1947-2016), cuxos percursos mantiveron máis dun paralelismo. Mestres antes ca escritores, militantes da renovación pedagóxica e da defensa do galego, a súa literatura serviu non só para entreter e ampliar os horizontes das lectoras. Tamén para abrir as portas da lingua.
A narrativa de Xabier P. DoCampo iniciárase con outro título mítico, "O misterio das badaladas" (Vía Láctea, 1986). "A chave das noces" (Vía Láctea, 1988), "O pazo baleiro" (Xerais, 1997), "A casa da luz" (Xerais, 2002) ou "A illa de todas as illas" (Xerais, 2013) foron conformando un corpo de historias perfectamente construídas, en que misterio, suspense e aventuras arrastran o interese lector. Ao fondo, sempre os seus totems: Robert Louis Stevenson e Álvaro Cunqueiro.
“Fíxenme escritor porque teño memoria de min e dos meus, porque habito a lingua e a infancia, as dúas patrias do ser humano”, veu escribir en 2004 para a páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega da que era Socio de Honra,
Nun Cuestionario Proust que lle remitira o crítico Ramón Nicolás, Do Campo efectuaba un sintético autorretrato. Aprezaba a lealdade nas persoas e salientaba o seu entusiasmo con novos proxectos. Admiraba John Silver -o pirata da Illa do tesouro-, Sherezade e os barbudos de Sierra Maestra. Gustaríalle vivir en Galiza, “mellor sendo dona de si”. E para o futuro, unha palabra de orde: “Non fagas mal a ninguén, que dicía meu pai”.
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Janeiro 2026
    Dezembro 2025
    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Setembro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.