A proxección do documental Julio Cortázar - Galicia, realizarase o próximo martes 17 de decembro de 2019, ás 19:30 horas na Libraría Couceiro, sita na Praza de Cervantes (antiga Praza do Pan ou tamén Praza do Campo) en Compostela. Contamos coa presenza do seu director Juan de la Colina, que fará unha intervención, seguida de coloquio.
O documental é un achegamento ao universo galego do escritor arxentino Julio Cortázar, un dos nomes máis destacados da literatura universal, e resulta moi interesante para afondar na intensa vinculación que o autor arxentino mantivo con Galicia, así como na presenza que a nosa terra tivo na súa literatura. Estreouse en 2014 no centenario do escritor.
A base desta curtametraxe experimental son as fotografías, as cartas e outros textos sobre as viaxes que Julio Cortázar e a súa primeira muller, a escritora Aurora Bernárdez, realizaron a Galicia nos anos 1956 e 1957, cun percorrido polos lugares que visitaron. O filme apóiase en material de arquivo facilitado polo Centro Galego de Artes da Imaxe, onde están os fondos fotográficos e fílmicos de Cortázar, (depositados no ano 2006 por Aurora Bernández no CGAI, para a súa custodia e conservación), pola Fundación Juan March e pola Fundación Luís Seoane.
Juan de la Colina é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, formado entre Barcelona, Madrid e Nova York. Como artista plástico, fixo exposicións e participou en feiras internacionais. Dirixiu cursos e seminarios sobre arte contemporánea, e foi docente no Instituto Europeo de Design de Madrid (1994-2002), profesor da Faculdade de Belas Artes (2002-2012), da Universidade de Vigo (2017-2019) e da Universidade da Coruña (2004-2013). Tamén realiza comisariados e deseño de mostras e catálogos para galerías de arte e institucións públicas. Desde 2005 codirixe os festivais de arte e música contemporánea ARTEC e MODULARTEC.
FICHA TÉCNICA do Documental JULIO CORTÁZAR-GALICIA
Dirección: Juan de la Colina Textos: Julio Cortázar
Guión: Juan de la Colina, Andrea Vázquez e Damián Varela
Dirección de fotografía: Damián Varela
Montaxe: Andrea Vázquez Producción: miramemira
Locucións: José Luis Ducid e Silvia Penas
Actores: Mark Wiersma e Jose Luis Ducid
Colabora: Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia