A Fundación Eira da Xoana e a AC. O Galo celebran este ano as III Lupercais na Eira da Xoana, situada en Ramil (A Golada), moi perto do Castelo de Pambre. A festa será o sábado 2 de marzo de 2019 e comezará ás 14h cun convivio-xantar: un bo cocido de Lugo, polo módico prezo de 12 euros. Ven e trae a cant@s amig@s desexes e, de apetecérvos, non dubidedes en acudir disfrazados.
Nesta celebración elixirase a raíña Lupa de 2019 (a de 2018 foi a actriz Isabel Risco).
Teremos música e baile!!!
Celebra as Lupercais connosco!

A festa das Lupercais (en latín "lupercalia") era unha festa que se celebraba na antiga Roma ante diem XV Kalendas Martias, o que equivale ao dia 15 de febreiro.
O seu nome deriva supostamente de "lupus" (lobo, animal que representa a Fauno Luperco) e "hircus" (macho cabrío, un animal impuro).
Os "Lupercos" ou "Luperci" (amigos do lobo) eran un corpo especial de sacerdotes elixidos anualmente entre os cidadáns máis ilustres da cidade. Na súa orixe debían ser adolescentes que sobrevivían da caza e o merodeo no bosque durante o tempo da súa iniciación á idade adulta, o que por aquel entón era un tempo sagrado e transitorio en que se comportaban como lobos humanos. Reuníanse o 15 de febreiro no monte Palatino, na "Gruta do Lupercal", chamada máis tarde "Ruminal" en honra de Rómulo e Remo. Segundo a tradición foi neste lugar onde o Fauno Luperco, tomando a forma dunha loba, aleitara os xemelgos. Para honralo era para o que se facía a festa. A tradición conta que alí había unha figueira cuxas raíces detiveran a cesta en cuxo interior se atoparan os fundadores de Roma, Rómulo e Remo.
O Papa Vixilio (papa entre os anos 537 e 555) desterrou esta festa, substituíndoa pola "candelaria". Pero das lupercais procede hoxe a tradición do entroido galego característico de Xinzo de Limia, Laza e Verín, onde os cigarróns, pantallas ou á xente peliqueiros azoutan con débiles fustas de coiro e golpean con tripas de porco inchadas coa man, con chocas en honra aos pastores dos que Fauno Luperco era deus.