Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

HOMOSEXUALIDADE  EN  COMPOSTELA  NA  IDADE  MEDIA

26/5/2018

0 Comentários

 

Lésbicas e sodomitas na Compostela medieval e moderna

O próximo sábado, 9 de xuño de 2018, Carlos Callón farános un percorrido literario pola Compostela medieval e moderna seguindo os textos das cantigas medievais galego-portuguesas.

SABÍAS QUE....
1.      A metade dos textos europeos medievais que tratan sobre lesbianismo están escritos en galego?
2.      Un deses textos fala dunha parella, Sancha e María, e que nos indica mesmo a rúa de Compostela onde moraban?
3.      O bispo que converteu Santiago en sé episcopal foi acusado de sodomía e que, a raíz diso, disque realizou un milagre? E sabías que a súa historia foi recuperada na década de 1940 por Lorenzo Varela e Luís Seoane como alegato contra a homofobia?
4.      O prior do mosteiro de San Domingos de Bonaval no século XIII era coñecido polo seu amor por outros homes?
5.      No reino de Galiza tiveron moita devoción sant@s transxénero, que seica naceran ou morreran aquí?
6.     As pedras de Santiago agochan historias que falan de relacións de amor e desexo entre homes, como a desventurada de Paio de Albeos, ou a apaixoada de David e Xonatán?
 
  ¡COÑEZAMOS  TAMÉN  ESTA  PARTE  DA  NOSA  HISTORIA! 

Imagen
 A AC. O Galo convídate a ti e as túas amizades a participar no roteiro Homosexualidade en Compostela na Idade Media, que terá lugar o sábado 9 de xuño de 2018, ás 12h. Será guiado por Carlos Callón quen realizou a súa tese de doutoramento sobre As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego.
 A data límite para anotarse é o mércores 6 de xuño de 2018 ata ás 24h. E como sempre teñen preferencia as/os socias/os da AC. O Galo e acompañentes.
Para anotarse: ogalo.ac@gmail.com
Indica: nome, apelidos, DI e teléfono. 

A cita é o sábado 9 de xuño de 2018 ás 11:50h nas escadas do convento de San Domingos de Bonaval.

De ter interese en asistir,  agradecemos que te apuntes axiña, pois precisamos saber con antelación o número de autoguías que precisamos e para comunicarche con tempo a admisión no roteiro Homosexualidade  en  Compostela. Lésbicas e sodomitas na Compostela medieval e moderna
Imagen
CARLOS CALLÓN Licenciado en filoloxía galega e portuguesa pola USC, actualmente traballa como profesor.
Foi concelleiro do BNG en Ribeira, onde naceu en 1978, membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (desde 2002 a 2014).
Desde 2006, preside a Fundación Vía Galego e a federación estatal Diverslinguae desde 2008.
Autor de traballos sobre sociolingüística e estudos literarios, publicou tamén Unha historia que nos pertence sobre Lorenzo Varela e En castellano no hay problema, onde aborda a situación da nosa lingua nos últimos tres lustros.

En 2011 gañou o XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra "Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media", recollendo, entre outra documentación, un documento de 1061 do Tumbo de Celanova, polo que Pedro Díaz e Muño Vandilaz suscribían unión en Rairiz de Veiga.
Autor de ensaio e de poesía, defensor dos nosos dereitos como falantes, esta vez guiaranos pola Compostela medieval.



0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.