Data: Xoves, 20 de maio de 2021 ás 19.30 horas
Lugar: Museo das Peregrinacións, Praza das Praterías. Santiago de Compostela.
Interveñen: Carlos López Bernárdez, profesor e historiador da arte galega
Por mor da situación sanitaria do momento, as prazas son limitadas polo que se prega que enviedes a solicitude de inscrición ao correo electrónico [email protected] antes das 12.00 horas do mércores 19 de maio de 2021, sendo imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento: nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.
A admisión será seguindo rigorosamente a orde dos correos recibidos e terán preferencia as persoas asociadas á AC. O Galo.
É obrigatoria a asistencia con máscara e mantendo as normas de seguridad contra a Covid-19.
CARLOS LÓPEZ BERNÁRDEZ
Nace en Vigo en 1958. É historiador de arte e profesor de lingua e literatura galegas, ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións, colabora habitualmente en diversos xornais e revistas.
No ámbito da análise cultural traballa en dúas liñas fundamentais: 1ª, os estudos da literatura galega do século XX con especial atención aos movementos de vangarda; 2ª, a historia da arte, orientada á construción de análises, nomeadamente sobre a arte galega.
Entre os seus libros destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega, con Xosé Ramón Mariño Ferro (2004); Breve historia da arte galega (2005); Maruja Mallo, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011); Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (2016), Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (2018) e Fronte da arte. A arte galega no contexto euopea dos anos trinta (2020).
No ámbito dos estudos literarios publicou, entre outros, De catro a catro de Manuel Antonio (1991); A emoción da Terra. Poesía de Vicente Risco (1994); Cincuenta anos de poesía galega II (1994); Romanceiro en lingua galega, con X. R. Mariño Ferro (2002) e as edicións literarias da Poesía galega de Lorenzo Varela (1990); Fírgoas de Manuel Luís Acuña, con Ramón Nicolás (1992); Obra dramática de Ramón Cabanillas, con Manuel F. Vieites (1996); A pega rabilonga. Os ruíns de Xosé María Álvarez Blázquez (2008) e Samos de Ramón Cabanillas (2009).
Na actualidade desenvolve a crítica de arte nos suplementos Faro da cultura do xornal Faro de Vigo e Sermos de Nós Diario.