Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

FESTIVAL DA REqUINTA DA ULLA

30/10/2018

0 Comentários

 
Imagen
Imagen
A REQUINTA é unha frauta que pervive con vitalidade en Centroeuropa e que na Galiza só se segue a tocar nas terras da Ulla.

Este FESTIVAL DA REQUINTA DA ULLA está organizado pola AC. O Galo, en colaboración coa Asociación Cultural Mestre Gacio, de Boqueixón, e nel intervirán os grupos A Requinta de Xián, Luz do Ilicinio, Raiola, Raeira, así como o cantautor Manoele de Felisa.
O repertorio musical está constituído por pezas tradicionais de requinta, e por pezas en que esta frauta vai acompañada doutros instrumentos, tanto de vento como de percusión (entre estes o charrasco). Varias das pezas que escoitaremos recuperáronse moi recentemente.


Cunha duración aproximada de 90 minutos, o acceso será libre até completar aforo, o  Festival da REQUINTA DA ULLA terá lugar na sala grande (a Angel Brage) do Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela,  o venres 9 de novembro de 2018, ás 20.30 horas.

Tres dos grupos participantes, Luz do Ilicinio, Raiola e Raeira pertencen á Asociación
Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo, que conta con nove grupos de música tradicional. Os nomes de todos estes grupos teñen a orixe común de estaren relacionados coa claridade:  RAEIRA  é a "Luz agarimosa entre chuvieiras do sol en inverno", mentres RAIOLA  é un "feixe de luz de intensa luminosidade" e LUZ DO ILICINIO refirese á luz sobre o monte Ilicinio, o monte máxico, coñecido como o Pico ou Pico Sacro, que domina os concellos de Vedra e Boqueixón e que tamén se divisa desde Compostela.

A idea de crear unha Asociación Cultural en Lestedo foi suxerida polo escritor, profesor e veciño, Xosé Manuel Lobato, en 2011 coa idea de contar no ámbito parroquial e municipal de Boqueixón cunha Asociación que dinamice, fomente, divulgue e promova a cultura e o patrimonio artístico. Con estas finalidades, naceu a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, nome suxerido tamén polo escritor en recordo do que foi moitos anos docente na parroquia.




Na foto do seguinte cartaz anunciador do Festival, observamos os músicos coa requinta e co charrasco.
Imagen
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.