Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

MARZO 2019: COÑECER O PATRIMONIO DA CIDADE DE LEÓN

6/2/2019

0 Comentários

 
Imagem


​visita á cidade de León: sábado 16, DOMINGO 17, luns 18 de marzo

Nesta visita apreciaremos as relacións entre o reino de Galiza e o de León, disfrutaremos do ambiente do seu barrio HúmIdo e, con guías ad hoc, ollaremos os máis importantes monumentos desa cidade.
no Museo de Arte Contemporánea de Castela-León (MUSAC), QUE recibiu o Premio Europeo de Arquitectura Contemporánea, QUE EXHIBE a plástica mundial mÁis Avangardista), ASISTIREMOS A UNHA VISITA GUIADA Á mostra dA grande artista norteamericana Channa Horwitz, a primeira que se REALIZA no estado español.

PROGRAMA
SÁBADO 16 MARZO

.- 08:15h. saída de Santiago de Compostela, desde a parada de bus situada na rúa da Rosa, perto da esquina coa praza de Puente Castro. Avisarase de variar a hora e/ou o lugar de recollida e a puntualidade para a saída será máxima.
De camiño pararemos para ver a vila de Molinaseca.

.- 14:00h. xantar no hotel (1º. fabas da Bañeza con chourizo + 2º. xamón asado + pexego en almibre con xeado)

.- 16:10h. visita guiada ao museo (co Panteón Real e as súas marabillosas pinturas) e a igrexa de san Isidoro

.- 18:15h. visita guiada ao Barrio Húmido
             Cea por conta de cadaquén.

 DOMINGO 17 MARZO

.- 09:20h. visita guiada á catedral de León

.- 11:00h. visita guiada ao museo da catedral (veremos o códiCe no cal se “inspirou” Picasso para pintar o Guernica)

.-12:45h. visita guiada á fundación Sierra-Pambey

.- 14:00h. xantar no hotel (1º. chícharos con xamón + 2º. capón con patacas ao tomiño + crema de ovo)

.- 16:15h. visita NON guiada ao palacio do Conde Luna e a mostra sobre o reino de León.

.- 17:45h: Visita guiada ao antigo hospital de S. Marcos, agora parador de turismo.

.- 19:45h. visita guiada ao Museo de Arte Contemporánea de Castela-León.

.- 21:30h. cea no hotel (1º. crema de verduras + 2º. pescada á prancha + arroz con leite)

LUNS 18 MARZO

.- 10:40h. visita guiada á Casa Botines (tamén a súa coleCCIÓN de pintura)

.- 13:00h. visual guiado ao exterior da antiga fábrica Papeleira Leonesa

.- 14:45h. xantar en Vilafranca do Bierzo e paseo pola vila.

.- VOLTA A Compostela.

PREZO por persoa :  190 EUROS PARA SOCIO/A 
                                        210 EUROS PARA NON SOCIO/A



Imagem

XESTIÓN ECONÓMICA
Está supeditada aos prazos e condicións que establecen o restaurante, hotel, xestores dos monumentos e @s guias ad hoc que realizarán connosco as visitas guiadas.

INSCRICIÓN: Até o día 12 de febrero ás 21h en ogalo.ac@gmail.com Preferencia de praza para socias/os d'O Galo

PAGAMENTO DA PRERRESERVA: Desde que se lles confirme a dispoñibilidade da praza, hai 72 horas para pagar todo ou o 30% do custo (neste último caso, o resto pagarase, como máximo, ata o 27 de febreiro incluído). Coa confirmación da praza enviaremos o número de conta corrente na cal compre efectúar o ingreso.
PAGAMENTO DA TOTALIDADE: Máximo, até o día 27 de febreiro incluído
DEREITOS A DEVOLUCIÓN:
- Renuncia da praza até o día 2 de marzo ás 21h, devolución total do pagado.
.- De haber unha substitución efectiva da praza anulada, ben por cubrirse pola listaxe da agarda ou, no seu defecto, por proposta de quen renuncia, devolución do total pagado.
.- Renuncia da praza entre o 3 e o 5 de marzo incluído, devolverase o pagado, agás o custo do bus, guías e aloxamento.

ALOXAMENTO E COMIDAS
O aloxamento será no Hotel Conde Luna, hotel de 4 estrelas situado no mesmo centro da cidade de León, en cuartos duplos (pode haber algún triple). Nel estaremos o
Sábado, 16: aloxamento e xantar (cea será libre e por conta de cadaquén)
Domingo, 17: aloxamento, almorzo, xantar e cea
Luns, 18: só almorzo. O xantar será en Vilafranca do Bierzo.
A bebida incluída nos menús é: auga, viño branco, viño tinto e viño rosado.
Calquera cervexa, refresco ou outro tipo de bebida non incluída no menú serán de pagamento directo no momento de pedila, por parte do solicitante.
Se alguén quere un menú especial (celíaco, alerxias, vegano, vexetariano) ten que avisar cando se inscriba, pois CÓMPRE comunicalo antes do 7 de marzo.

0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.