Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Contacto
  • Faite soci@

21 de marzo: día mundial da poesía

22/3/2019

0 Comentários

 
Imagem
O Día Mundial da Poesía, proposto no ano 1998 pola UNESCO, foi proclamado como tal en París no ano 1999.
O texto da proclamación di, entre outras cousas, que "a poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar dun xeito sempre renovado a forma en que usamos as palabras e as cousas, e os nosos modos de percibir e interpretar a realidade". Na proclama aparecen os propósitos, sendo un deles o de "restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas como o teatro, a danza, a música e a pintura".
A Agrupación Cultural O Galo quere sumarse a esta celebración con Ricardo Seixo e o Grupo Maraxe, poesía e música unidas. Agradecemos tamén ao Vide, Vide! que sempre nos acolle no seu local e nos deleita co seu lema de que "o vinho é poesia engarrafada".
Ricardo Seixo, nacido en Curtis, afincado na Coruña, mestre de profesión, traballador activo no campo  do asociacionismo cultural, publica en 2016 o seu primeiro libro de poesía "Ollares... no fondo da retina... na paisaxe dos afectos".
No 2018 publica "Versos noctámbulos", case 50 textos de variada temática: poemas cívico-sociais e de denuncia; líricos, que manifestan os seus afectos, entre os que destacamos os adicados a súa nai, a seu pai, a volta á infancia; a evocación da paisaxe e da natureza fronte ás agresións dunha abusiva explotación dos seus recursos como
                                             Soutos, carballeiras, agras,
                                             con ríos de falar quedo
                                             que deben vivir do medo
                                             dun poder que os robotiza,
                                             e con eles a Galiza.
Poemas que falan dos dereitos das mulleres, que recoñecen a súa fortaleza e a súa relevancia na sociedade galega etc...
Falando do Día da Poesía, quero recalcar que para Ricardo Seixo a poesía non é só cousa de "un día", como o demostra a actividade que desde hai cinco anos se ven desenvolvendo na Asociación da Agra do Orzán: "Gosto de che ler un poema", na que, non só UN DÍA, senón durante TODO O ANO, traballan cada mes poemas dun ou dunha poeta da literatura galega, entronizando así a poesía na vida dos veciños da Agra do Orzán e da Coruña.
Tal como viamos nos obxectivos da declaración da Unesco, "restablecer o diálogo entre poesía e música", Ricardo seixo leva facéndoo non desde 1999, senón toda a súa vida, desde a coordenación dos volumes de cantos tradicionais e de taberna "Polo gosto de cantar", onde se reúnen 200 cántigas galegas, e unha serie de cántigas portuguesas, que tamén non deixan de ser galegas, até a súa participación como integrante de diversas formacións musicais como Verbas Xeitosas, Tombalobos Orquestra, Os Parabéns... até a actual MARAXE, conxunto de música tradicional galega e portuguesa, que teremos o gosto de ouvir interpretando cinco temas tradicionais.
Nun inesquecíbel poema, Gabriel Celaya aseguraba que "a poesía é unha arma cargada de futuro", quero rematar con tres versos de Ricardo Seixo:
                                                       Cando  dormen os poetas
                                                       o silencio  cátgase de poder
                                                       e agroman os fillos do medo.
Merche Espiño.

0 Comentários



Enviar uma resposta.

    Imagen

    O Galo

    Agrupación Cultural que traballa pola nosa cultura

    Arquivos

    Junho 2022
    Maio 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Haz clic aquí para editar.

    Categorías

    Todos

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem

Proudly powered by Weebly