Venres 6 de xuño
O programa dará comezo o venres 6 ás 16.30 horas, coa recepción e entrega de documentación e posterior inauguración das actividades, que terá lugar no IES Félix Muriel de Rianxo. De seguido, ás 17.30 horas, desenvolverase a conferencia Transición en feminino: a introdución da perspectiva de xénero no estudo das organizacións políticas e sindicais en Galiza (1964-1990), a cargo de María Fernández Blanco, investigadora da USC.Unha hora máis tarde as actividades seguirán arredor da exposición Mulleres represaliadas no cárcere de Tui, da man de Helena Pousa. Despois dun breve descanso, a partir das 19.30 pechará esta primeira xornada do Seminario o monólogo do dramaturgo Carlos Labraña Barreiro: Mambrú volveu da guerra.
Sábado 7 de xuñoXa o sábado a partir das 10.00 a xornada dará comezo, novamente no IES Félix Muriel de Rianxo, coa conferencia-coloquio A illa de San Simón, a cargo do historiador José Álvarez Castro. Logo dun pequeno descanso, o programa continuará ás 11.30 cun roteiro polo Rianxo emocional de Castelao, que será guiado polo historiador Xesús Santos Suárez.
Tralo xantar, ás 16.00, o historiador Víctor Santidrián Arias ofrecerá a conferencia-coloquio O documental na aula, unidade didáctica. Será ao remate desta actividade cando a programación prevista se traslade a Santiago de Compostela. Alí dará comezo a partir das 18.30 un Roteiro polo campo de concentración de Lavacolla, no que as persoas asistentes poderán coñecer a historia das instalacións da man de Ana Tarrío Tobar, profesora da UDC, Rosalía Macías Tarrío, xornalista, e Antonia Pérez, Presidenta da asociación Agrupación Cultural O Galo.
Inscrición na páxina https://neg.gal/actividades/xiv-seminario-sobre-a-memoria/