Vai a súa programación:
- Recepción das persoas participantes a partir das 11.15 horas, na Casa-Museo Manuel María como punto de encontro, onde acollerá a música da coral Solfa.
- Ás 11.45 horas, andaina cara ao cemiterio onde se levará a cabo un pequeno acto en lembranza de Manuel María e de Saleta, con traslado posterior para o campo de Santa Isabel.
- Ás 12.30 horas, andaina pola beira do río Miño amenizado coa actuación da Banda de Música Sons e Soños de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales. Nesta ocasión, a banda estará acompañada por Uxía, que alén de interpretar unha serie de composicións conxuntamente, cantará en solitario algunhas pezas do seu último traballo dedicado a Begoña Caamaño.
- Ao remate, contra as 14.00 horas, comezará o xantar en convivio.
- Ás 16.30 horas, continuará a festa cunha foliada conducida por Xurxo Souto, e onde porá a música Sons da Chaira, Música na Eira, Mestura de Nete, e o grupo de cantos de taberna de Xermolos, Tradivivas Agra e Parabéns.
Feed RSS
