Abrangue arredor de 120 pezas históricas e arqueolóxicas procedentes de destacadas institucións museísticas dos países nórdicos. achegarémonos a aspectos como a participación das mulleres nas campañas de exploración, pero tamén ás viaxes e ao comercio, á mitoloxía, á estrutura social e política, á presenza da cultura viquinga fóra de Escandinavia ou á súa relación con Galicia.
Durará 75 minutos aproximadamente e ao seu remate poderemos facer preguntas.