Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

presentación-palestra "desvendando rosalía e a súa obra"

26/9/2024

0 Comentários

 
Fotografia
A AC. O Galo convídavos  á presentación-palestra deste libro que é máis un contributo para desvendar a verdadeira Rosalía e a real significación da súa obra da man de quen, con obras fundamentais como Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988) ou Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (2011), contribuíu como ninguén a deitar por terra os estereotipos e deturpacións interesadas sobre a nosa autora nacional e a restaurar a súa figura.

Reune unha colección de artigos publicados por Francisco Rodríguez nos últimos anos en diversos dixitais, xornais e publicacións especializadas, sempre co ánimo de facer chegar ao grande público unha outra imaxe de Rosalía de Castro, resultado de anos de investigacións e análises rigorosas, fiel á realidade mais aínda hoxe non plenamente asumida.

Nas páxinas deste libro vaise perfilando unha Rosalía pioneira non só na escrita en galego, mais tamén na defensa da Galiza frente ao proceso de asimilación política polo novo Estado centralista español, coñecedora das ideas socialistas e profundamente identificada coas clases populares galegas, especialmente coas mulleres labregas. Unha Rosalía coraxosa, consciente do seu papel e determinada a exercer como escritora pese a quen pesar e asumindo os custos persoais desa decisión. Unha muller heterodoxa en múltiples aspectos. Unha galega que só se identificou coa súa patria e que nunca desertou da causa da Galiza. A nosa Rosalía.
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.