Nela publicamos os artigos dos cales, de xeito resumido, os seus autores expuxeron os contidos nas palestras e nas visitas guiadas do ciclo que realizamos ao longo de 2025. Na presentación agasallaremos aos asistentes con este libro de 294 páxinas, ilustrado con numerosas fotos. Ademais, o acto celebrarase nun espazo cargado de simbolismo para tod@s galeg@s, e que xa nos acolleu no segundo dos roteiros do citado ciclo.
Data, hora e duración : Martes, 18 de novembro, ás 20:30h.
Interveñen: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago e Míriam Louzao, concelleria de Acción Cultural de Santiago. E asemade catro dos autores do libro Xoán Carmona, Ricardo Gurriarán, X. Ramón Rodríguez Lago e Mercedes Rozas.
Lugar: Rúa do Vilar nº 15 baixo (Antiga sede da editorial e imprenta NÓS).
Como local no que terá lugar a presentación ten unha cabida reducida, en xaneiro faremos outra presentación nun sitio con maior capacidade, para que poidan asistir todas as persoas que teñan interese no tema.
RSS Feed
