Ao longo de varios meses teremos palestras, roteiros e visitas que nos achegarán ás xentes da Compostela de hai cen anos.
O programa destas xornadas que realizará AC. O Galo, coa axuda do Concello de Santiago, abrangue historia, cultura, o coñecemento de relevantes personalidades e de espazos e edificios nos que se celebraron ou ocorreron feitos importantes na década elixida. Nos seus contidos prestarase especial atención a evidenciar: como na práctica, Santiago actuaba cal capital de Galiza desde mediados de 1920; os recursos e modos de vida da xente do común; á dinamización por parte de determinados grupos; os cambios na USC; o rol desempeñado pola prensa; como a denominada “historia oral” e as aportacións de escritores e artistas adquire un grande relevo para a recuperación da memoria histórica deste período.