Coa publicación do numero cinco da serie que comezou no ano 2021 con Galicia. Reis e Reino temos como obxectivo esparexer o noso pasado valéndonos da actuación de mulleres e homes que, ao defender os seus propios intereses, tamén defenderon os de Galiza. A temporalidade de Personaxes da Galiza Medieval IV, ao igual que a dos libros anteriores, circunscríbese aos séculos nos que a nosa Terra era un reino de seu, e contaba cunha estrutura económico-social protofeudal e logo feudal, que hoxe consideramos definitoria desa época. Cínguese a ese período no que a nosa alta nobreza tiña posto os ollos en formalizar un proxecto político-económico “atlantista” fronte ao, digamos, “mediterranista” impulsado por Aragón e Castela, en especial ate finais do século XV.
Os textos deste volume están escritos polos seguintes autores, o limiar, “A Galiza Medieval do século XV”, por Francisco Rodríguez, “Fernan Eanes dem Limia“ e “Pedro Alvarez de Soutomaior“ por Suso Vila, “Nuno Freire de Andrade” por Ricardo Pichel, “Bernal Eans de Moscoso“ e “Lope Sanchez de Moscoso“ por Carlos J. Galbán Malagón, “Diego de Lemos e Maior de Ulloa“ e “Dona Urraca de Moscoso” por Miguel Garcia-Fernandez e “Pedro Pardo de Cela” por Alexandre Peres Vigo.
Agasallaremos cun exemplar ás persoas asistentes. De querer vir, hai que anotarte en [email protected] antes do xoves 26 de febreiro de 2026 ás 17h., indicando o nome e apelidos. Mandaremos un correo de confirmación indicando que tes praza.
O acto será:
Lugar: Museo das Peregrinacións. Praza das Praterías
Data, hora e duración: Venres, 27 de febreiro de 2026, ás 20h. Durará aprox. 1:30h.
Intervirán: Unha representante da AC. O Galo, tres dos autores do libro:
Francisco Rodríguez, prof. doutor reformado, escribe sobre o contexto social do s. XIV e do segundo terzo do XV.
Ricardo Pichel, profesor no Dpto. de Teoría da Literatura da UNED, escribe sobre Nuno Freire de Andrade.
Suso Vila, escribe sobre o tema das súa tese de doutoramento: Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga).
Por outra banda, tamén falará Natividade González Deputada Provincial de Cultura da Exma. Deputación da Coruña.
Feed RSS
