O próximo martes, 10 de decembro, ás 20:00 h. A AC O Galo fará no CSC do Ensanche o acto de inauguración da exposición “Pingas de humor crítico” do ilustrador brigantino Xoán Andrade. O acto é aberto a todo o público ate completar o aforo.
Andrade recolle nesta exposición os seus traballos de varias décadas como debuxante e caricaturista, nos que colaborou con varios medios dixitais e en papel, como Sermos Galiza, Nós-Diario Galego ou La Región. Podemos ver unha boa colección dos seus traballos no seu blogue, tamén chamado Pingas de humor crítico.
No acto de inauguración, o autor fará unha visita guiada na que comentará algunha das obras e teremos a oportunidade de facerlle preguntas.
A exposición estará aberta do 10 de decembro ao 23 de xaneiro no Centro Sociocultural do Ensanche.