Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

o sindicalismo obreiro nacionalista galego

2/10/2026

0 Comentários

 
Fotografia
A AC. O Galo presenta o libro de Suso Seixo titulado O SINDICALISMO OBREIRO NACIONALISTA GALEGO.  Entrada libre até encher.
Terá lugar o vindeiro xoves, 8 de outubro, ás 20:00h.  Na Sala Moncho Reboiras (Avda. De Lugo nº 219, baixo, Santiago).
Falarán:
Anxo Louzao, Secretario do Padroado da Fundación Moncho Reboiras
Elvira Souto, activista social.
Suso Seixo Fernández, autor do libro e Presidente da Fundación Moncho Reboiras.
Suso Seixo naceu en Curtis, é licenciado en Ciencias Biolóxicas pola USC e foi Secretario Xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG) desde 2001 a 2017. Actualmente é Presidente do Padroado da Fundación Moncho Reboiras e membro do Secretariado Político da UPG. Autor de numerosos artigos para as revistas Lume, Eixo, Tempo Sindical, Terra e Tempo, Enxergar e o xornal Nós Diario. Foi Coautor do libro O nacionalismo galego na década de 1970 e autor do libro O sindicalismo obreiro nacionalista galego (1970-2020) que hoxe presentamos.
No acto, os intervintes falarán do proceso histórico de conformación do sindicalismo obreiro nacionalista galego no que poderiamos distinguir tres etapas:
Unha primeira etapa entre os anos 1972 e 1985.- Estamos a falar dunha etapa que vai desde o seu nacemento até a súa ruptura e división en dúas centrais sindicais (INTG/CXTG). Empeza nos primeiros anos da década de 1970 coa incorporación á UPG de  cadros sindicais provenientes de Galicia Socialista e Organización Obreira e a conformación da Fronte Obreira da UPG (1973) que promovería a formación dos primeiros xermolos sindicais e posteriormente os primeiros sindicatos nacionalistas de sector (UTEG, UTBG, UTSG, SGTM e SOG). Posteriormente constituiríase, no ano 1977, a primeira central sindical nacionalista, a ING, que se unificaría en 1980 coa CTG para conformar a ING/CTG, que pasaría a denominarse INTG no ano 1981, á que se uniría en 1982 a CSG. Todo este proceso acabaría coa ruptura da INTG en 1985, nacendo unha nova central nacionalista a CXTG, rematando así de forma virulenta e frustrante cun traballoso e exitoso camiñar na conformación dunha central sindical galega con capacidade de disputarlle ao sindicalismo españolista a dirección da conflitividade laboral en Galiza.
Unha segunda etapa que iría do ano 1985 ao ano 2001.- Pola transcendencia que tivo para o futuro da loita laboral e social na Galiza, e para o nacionalismo no seu conxunto, cómpre salientar desta etapa todo o esforzo que supuxo o proceso de superación da ruptura sindical do ano 1985, coa conseguinte unificación da INTG e a CXTG-IN, no ano 1994, para conformar a Confederación Intersindical Galega (CIG). Proceso que pasou por unha primeira fase coa creación da coalición electoral, a Converxencia Intersindical Galega, no ano 1990, e que se pode dar por consolidado coa celebración do terceiro congreso da CIG, no ano 2001.
A creación da CIG fixo posíbel que o sindicalismo nacionalista se situase de novo en condicións de disputarlle ao sindicalismo españolista a hexemonía e a dirección do movemento obreiro galego, como así terminou sucedendo, converténdose a CIG na primeira forza sindical en afiliación e representación nos centros de traballo.
Unha terceira etapa, comprendida entre o ano 2001 e a actualidade.- Estamos a falar dunha etapa na que o sindicalismo nacionalista materializaba o sorpasso ao sindicalismo español (CCOO/UGT), situándose como segunda forza en representación nos centros de traballo, no ano 2007, con 5.627 delegados e delegadas (28,6% do total dos elixidos en Galiza), converténdose na primeira central sindical de Galiza en afiliación, no ano 2008, (cun total de 66.500 persoas afiliadas), para xa proclamarse no ano 2019 na primeira central sindical en Galiza, con 4.548 delegadas e delegados sindicais (o 29,37% do total dos elixidos), practicamente catro puntos por riba de CCOO e UGT, ao tempo que se mantiña –e mantén– como primeira central sindical en afiliación e capacidade de mobilización.
 
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Outubro 2026
    Setembro 2026
    Julho 2026
    Junho 2026
    Maio 2026
    Abril 2026
    Março 2026
    Fevereiro 2026
    Janeiro 2026
    Dezembro 2025
    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Setembro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.