O COIDADO DO MEDIO NATURAL VISTO POR VARIAS XENERACIÓNS
Data e hora: 3 de novembro, ás 20:00h.
Lugar: Aula 6 da Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Participantes:
Iria Nande, Doutoranda en Economía Ecolóxica e dos Recursos Naturais. De Galiza Nova.
Belén Rodríguez, Secretaria Executiva de Adega.
Manuel Soto, Catedrático de Enxeñaría Química na UDC. Presidente de ADEGA.
As persoas participantes farán un percorrido analizando a evolución das respostas do movemento ecoloxista en Galiza ante desgrazas que afectaron ao noso medioambiente como foron a dos accidentes dos barcos Cason e Prestige, así como ante a ameaza que supón para as nosas terras do interior e para a ría de Arousa a instalación da macrocelulosa de Altri. Manuel Soto falará sobre as primeiras décadas de ADEGA. Belén Rodríguez fará a análise do percorrido ecoloxista a partir de 2006. Iria Nande achegará o punto de vista das novas xeracións.
Entrada libre até encher
Iria Nande Fernández é membro da coordinadora de InvestiGal - Rede galega pola investigación, investigadora predoutoral cun proxecto de tese en Economía da enerxía e imparte docencia en materias de Estrutura económica na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
Asemade é a responsable nacional de Mulleres de Galiza, analista política comprometida coa loita feminista de clase, os dereitos da mocidade traballadora e colaboradora no Nós Diario.
Belén Rodríguez Fernández comezou o seu traballo en ADEGA no 2005 como responsable de comunicación e coordinadora do proxecto “Proxecto Cerna”. Foi impulsora do primeiro espazo divulgativo radiofónico de medio ambiente e ecoloxía de Galicia, "Radio Cerna" e durante 17 anos editora da “Revista Cerna”. Malia ser a comunicación a súa especialidade, durante 14 anos anos foi adquirindo responsabilidades de xestión e organización. Desde 2019 é Secretaria Executiva de ADEGA para coordinar a actividade xeral da organización. Desde hai 5 anos, coordina a campaña de ADEGA fronte a invasión eólica.
Manuel Soto Castiñeira, actual presidente de ADEGA, é Catedrático de Enxeñaría Química na Universidade da Coruña (UDC). Presidente de ADEGA. Co-autor e co-editor de varios libros sobre temas ambientais. Así mesmo, é director da Revista Galega de Ecoloxía e Medio Ambiente, CERNA. Foi director da Oficina de Medio Ambiente da UDC desde a súa creación en 2008 até 2023.
Investigador principal en máis de 20 proxectos en áreas como o tratamento de augas residuais, a compostaxe de residuos orgánicos, ou a educación para a sustentabilidade.
Feed RSS
