Un mes despois de que estalase a Guerra Civil Española, a Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela comezou a funcionar como un centro de fabricación de medicamentos e produtos sanitarios para o exército sublevado. A escaseza de industria farmacéutica e estruturas da farmacia militar na zona franquista obrigou a crear novos espazos que desen resposta á gran demanda sanitaria que a guerra estaba a xerar. O Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago de Compostela contou coa colaboración da meirande parte dos profesores da facultade, que foros asimilados como militares, e de xoves voluntarios. Este voluntariado constituíuse principalmente por mozas pertencentes á burguesía compostelá que acudiron de xeito inmediato e espontáneo ás portas de Fonseca para ofrecer a súa axuda. O traballo desenvolvido durante estes tres anos foi primordial para que a produción de medicamentos e apósitos do Laboratorio fose moi notable, sobre todo na calidade das preparacións.
USC. Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago de Compostela. Exército do Norte.

0 Comentários
Deixe uma resposta. |
Arquivos
Novembro 2024
A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.
|