Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

a economía en santiago 1923/1936

24/5/2025

0 Comentários

 
Fotografia
A AC. O Galo convídavos á palestra  A ECONOMÍA EN SANTIAGO (1923/1936), que impatirá o Catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC Xoán Carmona Badía.
Data e hora: martes, 27 de maio de 2025, ás 19.30h.
Lugar: Libraría Couceiro.
Con esta palestra continuamos as xornadas SANTIAGO DE COMPOSTELA 1923/1936 que estamos a realizar ao longo dos vindeiros meses, coa axuda do Concello de Santiago. O seu programa abrangue historia, cultura, o coñecemento de relevantes personalidades e de espazos e edificios nos que se celebraron ou ocorreron feitos importantes na década elixida.
Xoán Carmona Badía, Doutor en Economía pola USC. Ampliou estudos no Max-Planck-Institut für Geschichte. É catedrático de Historia e Institucións Económicas na USC. É director do Departamento de Historia e Institucións Económicas na USC. Investiga sobre historia marítima e industrial, e historia empresarial e patrimonio industrial.
 O seu traballo de investigación centrouse inicialmente na historia marítima e industrial, ampliándoo logo á historia empresarial e ao patrimonio industrial. De entre os seus libros pódese salientar El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia (2005).  O seu último libro é Grupo Davila.Un siglo de liderazgo en el sector marítimo español, 1917-2017 (2022).
 
Na palestra, Xoán Carmona,  falaranos das bases económicas na bisbarra compostelá. Dos ciclos derivados da primeira gran guerra e crise internacional do 1920-1921. Do pulo da economía no primeiro terzo do século, directamente relacionado coa maior integración da economía galega nos mercados internacionais como produtora de mercancías do sector primario e as súas transformacións; a desaparición dos foros e o nacemento da industria fabril; o desenvolvementos dos servizos públicos urbanos e a expansión do sistema bancario...  
A entrada é libre até completar o aforo.
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.