Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

conversa sobre "o imperialismo no século XXI"

10/4/2026

0 Comentários

 
Fotografia
A AC. O Galo organiza unha conversa entre Duarte Correa e Anxo Louzao sobre O IMPERIALISMO NO SÉCULO XXI.  Entrada libre até encher.
Duarte Correa, autor do libro que acaba de publicar Tempo Galiza , e Anxo Louzao falarán sobre o imperialismo no mundo de hoxe, nun contexto no que, a cada pouco, un novo acontecemento nos sobresalta e bota por terra certezas que eran presentadas como inamovíbeis.
Terá lugar o vindeiro xoves, 16 de abril, ás 20:30h.  no Espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa Fonte de Stº Antonio nº 10, Santiago).
Agardamos que participes no coloquio que se celebrará deseguido.

Duarte Correa Piñeiro: Vigo (1966). Diplomado en EXB e Licenciado en Xeografía e Historia; profesor de Ensino Secundario no IES Ramón Cabanillas de Cambados. Militante nacionalista desde moi novo, foi membro da Executiva Nacional da CIG-Ensino.
Desde hai décadas, centra boa parte do seu labor intelectual na análise xeopolítica e nas relacións internacionais. É colaborador habitual en diversas publicacións galegas e internacionais, nas que aborda cuestións como o imperialismo contemporáneo, os conflitos globais, a evolución do sistema internacional e os procesos de loita dos pobos pola súa soberanía. A súa actividade inclúe tamén a participación como relator convidado en seminarios, congresos e actividades formativas desenvolvidas en distintos países, contribuíndo ao debate crítico sobre os grandes desafíos do mundo actual.
Coautor dos libros Galiza: Poboación e Industria e O estudantado sae á rúa. ERGA no movemento estudantil galego; autor do caderno 50 Aniversario de ERGA (1972-2022).
No pasado mes de febreiro publicouse o seu libro O imperialismo no século XXI, no que analiza o imperialismo actual e o papel da OTAN como instrumento dos Estados Unidos para soster unha hexemonía en declive, a chamada autonomía estratéxica da Unión Europea e o aumento do gasto militar.
 O Imperialismo no século XXI
 
O Imperialismo no século XXI do profesor e analista internacional Duarte Correa Piñeiro, e editado por Tempo Galiza, recupera o estudo do imperialismo, un fenómeno que condiciona o devir da humanidade na idade contemporánea desde hai máis de 150 anos.
Unha lectura necesaria para comprendermos o mundo de hoxe. Nun contexto no que, a cada pouco, un novo acontecemento nos sobresalta e bota por terra certezas que eran presentadas como inamovíbeis.
A obra busca desmontar mitos, como o de que o imperialismo é algo do pasado ou algo que non está relacionado coa evolución do sistema capitalista, e ao tempo abrir a mirada a outras realidades das que apenas se fala, nas que diferentes países tecen alianzas para construír relacións internacionais baseadas no diálogo e na cooperación, fronte á lóxica da imposición que é intrínseca á hexemonía imperialista.
Segundo o autor, o imperialismo é un fenómeno que non desapareceu coa globalización, senón que se adaptou ás novas dinámicas do capitalismo mundial moldeando moitos dos procesos económicos e xeopolíticos do século XXI, e nesa adaptación foi dando cada vez maior importancia á ideoloxía como conformadora dunha orde social que favoreza o seu obxectivo final, que non é outro que a concentración de riqueza por parte dunha minoría.
Partindo da conceptualización do termo procede a unha análise do seu funcionamento e dos seus efectos, fuxindo dunha visión economicista do fenómeno afondando nos elementos políticos e ideolóxicos que teñen sido fundamentais para  manter a hexemonía da principal potencia imperialista, os Estados Unidos. Analiza o papel dos distintos instrumentos, con unha especial atención ao papel da OTAN como instrumento dos Estados Unidos para soster unha hexemonía en declive. Ademais, examina a chamada autonomía estratéxica da Unión Europea e o aumento do gasto militar, revelando que se oculta tras estes discursos.
A obra que consta de 19 capítulos, cen notas a pé de páxina e unha ampla bibliografía, estrutúrase en catro partes.
Na primeira, ademais de marcar o obxectivo fundamental da obra, desmontar a idea de que vivimos no mellor dos mundos posíbeis defende que, hoxe máis ca nunca, a alternativa ao imperialismo pasa pola defensa da soberanía dos pobos; caracterízase o fenómeno imperialista na idade contemporánea, partindo de autores como Lenin, Eric Hobswam ou Samir Amin na súa análise do eurocentrismo como substrato intelectual do fenómeno imperialista, enfrontando este á súa antítese, o nacionalismo como manifestación netamente anti-imperialista.
Na segunda abórdase especialmente o proceso que levou aos EUA despois da IIª Guerra Mundial a converterse na potencia imperialista hexemónica, e desentráñanse os instrumentos e mecanismos dos que se ten dotado para manter o seu poder.
Na terceira, analízase a actualidade en diversos marcos xeográficos, a caracterización de Rusia e China e o debate sobre se estamos diante de potencias imperialistas ou non, e a actual fase da guerra de Ucraína e o xenocidio palestino.
A cuarta, parte da constatación de que nun momento de mudanza de época prodúcense múltiples movementos que obrigan a afinar constantemente as conclusións das análises sobre as perspectivas de futuro, debido á tentativa por parte de quen ve quebrar a súa hexemonía por recuperala, e os movementos opostos de quen defenden un funcionamento do mundo tanto no ámbito económico, como no das relacións comerciais e políticas que non teña como eixo central a imposición. A existencia de diversas alianzas tanto rexionais como globais que tentan tecer unhas relacións en base a criterios de recoñecemento e cooperación, e un chamamento á necesidade dun rearmamento ideolóxico da esquerda do norte global que defenda a necesidade de construír unha sociedade alternativa que parta do dereito de todo pobo a construír o seu propio futuro. 

0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Maio 2026
    Abril 2026
    Março 2026
    Fevereiro 2026
    Janeiro 2026
    Dezembro 2025
    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Setembro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.