Terá lugar o vindeiro venres, 23 de maio de 2025, ás 20:30h. no Espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa Fonte de Stº Antonio nº 10, Santiago).
Manuel Rei Romeu, autor do libro que acaba de publicar Tempo Galiza , e Néstor Rego deputado do BNG falarán sobre Castelao, un referente imprescindíbel para a Galiza de hoxe. Afondarán na obra artística de Castelao e nas chaves ideolóxicas do seu pensamento, que continúan tendo vixencia e utilidade.
A entrada é libre, até completar o aforo.