A AC O Galo organiza unha táboa redonda sobre as CONSECUENCIAS DOS CAMBIOS NA LEI DE PATRIMONIO DE GALIZA. A entrada é libre até encher.
Data e hora : venres, 6 de marzo, ás 19:30 h.
Lugar: centro socio cultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado nº 14)
Intervirán:
Mercedes Queixas
Deputada do Parlamento de Galiza
Xosé Penas
Deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña
Ruth Verela
Profesora na UdC e presidenta da delegación do COAG na Coruña
Teresa Nieto
Funcionaria do corpo especial de arquitectos da Xunta de Galicia
As modificacións introducidas na lei de Patrimonio Cultural de Galicia que entraron en vigor o 1 de xaneiro de.2026 estableceron unha nova atribución das competencias para a autorización das intervencións que realicen en bens catalogados con protección estrutural e ambiental, ou nas súas contornas de protección e zonas de amortecemento. Coa nova redacción da lei non queda garantida de maneira suficiente e eficaz a conservación e protección do patrimonio cultural de Galicia.
Nun contexto como o actual de alta presión social, económica e política sobre as políticas urbanísticas, de vivenda e de explotación produtiva do territorio, as modificacións introducidas parecen responder máis á vontade de liberalizar a xestión do patrimonio cultural que á de simplificala. Estas medidas poden poñer en risco de perda, destrución ou deterioración irreversible moitos dos bens parte da nosa herdanza cultural e que deberiamos legar ás seguintes xeracións.
Feed RSS
