Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

capiteis románicos da catedral de santiago

28/3/2026

0 Comentários

 
Fotografia
O vindeiro 9 de abril, ás 19:15, no Oratorio San Felipe Neri, terá lugar a segunda palestra do ciclo Iconografía e Arquitectura na Catedral de Santiago de Compostela, s. XI-XV, organizado pola nosa asociación. A entrada é libre até encher.
A palestra "Capiteis románicos da Catedral de Santiago",  será impartida por Victoriano Nodar e rematará cunha visita de 25 minutos, guiada por este prof.  de historia da arte  da UVigo, ao interior da catedral compostelá. Deste xeito completaremos o que antes nos explicou e amosou en imaxes durante a súa palestra.  
Día, hora e duración: xoves, 9 de abril, ás 19:15h. Aprox. 95 minutos. 
Lugar:  No oratorio S. Felipe Neri (edifico de S. Martiño Pinario. Éntrase pola porta do museo, situada entre a praza da Inmaculada e a rúa da Moeda Vella).

Capiteis románicos da Catedral de Santiago

 
Un dos aspectos da catedral románica de Santiago de Compostela que máis frecuentemente pasa desapercibido ós visitantes son os centos de capiteis que coronan as columnas acaroadas a muros, piares, portas e fiestras do interior do templo.
Estes foron concebidos con unha evidente función tectónica, de recibir os empuxes dos arcos que sosteñén. Ademáis, cumplen tamén, como en todo edificio medieval, una importante función decorativa, de dignificar o espazo sacro. Ademáis, a estas funcións, que poderiamos denominar primixenias, temos que engadir unha manifesta función comunicativa que se fai patente sobre todo nos capiteis figurados. 
O proxecto de catedral de Santiago entra así de cheo nunha tendencia xeral do románico europeo no que o capitel pasa de ser un elemento puramente decorativo para converterse nun soporte privilexiado para a figuración e por ende, en medio de comunicación para o dogma dunha Igrexa que estaba sumida nun profundo proceso de reforma espiritual e institucional.
Ademáis, a través dos capiteis da Catedral podemos facer un percorrido polas diferentes tendencias estilísticas que se suceden no tempo no románico europeo dende o século XI ata o XIII.
Con isto a obra da Catedral demostra a súa capacidade de estar sempre á vangarda das tendencias artísticas europeas pero tamén de ser un importante foco creador de modelos e dun estilo que logo se expandirá por Galicia e incluso máis alá das nosas fronteiras.

Victoriano Nodar 
Victoriano Nodar é doutor cum laude en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor da área de Historia da Arte do departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación xiran en torno ó tema da escultura románica das vías de peregrinación, con múltiples publicacións centradas na iconografía románica en xeral e na Catedral de Santiago de Compostela, en particular.
Por outro lado, a súa actividade centrouse tamén na xestión cultural sobre todo no campo das exposicións temporais. Nos últimos años traballou, ademais como asesor histórico de obras de restauración en diferentes monumentos do patrimonio galego como a Catedral de Santiago, os colexios de Fonseca e San Xerome, o claustro da Catedral de Lugo, o Parque do Pasatempo de Betanzos, a igrexa do mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá e, actualmente, no convento de Santa Clara de Pontevedra, dentro do proxecto de estudos previos á restauración e rehabilitación completa do conxunto.
Actualmente está a coordinar xunto con R. Yzquierdo Peiró diferentes proxectos de investigación e difusión arredor do conxunto monumental románico de Santa María de Sar. Neste sentido, destacan o proxecto de reconstrución virtual da igrexa no século XIII e, máis recentemente, "Bernardo II. A memoria da Compostela medieval" arredor da figura deste arcebispo compostelán enterrado nun magnífico sepulcro de 1240 na colexiata de Sar.
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Março 2026
    Fevereiro 2026
    Janeiro 2026
    Dezembro 2025
    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Setembro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.