Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

campo de concentración de lavacolla

4/11/2026

0 Comentários

 
Fotografia
A AC. Galo fará unha VISITA GUIADA AO CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE LAVACOLLA. Nela veremos os lugares onde desenvolveron a súa vida os presos e escoitaremos algunhas das cantigas que eles interpretaban e que se puideron recuperar. 
A visita será o domingo 15 de novembro, ten unha duración aproximada de 7 horas. Comezará ás 11:20h. no palco da música de Lavacolla, para chegar até el aconsellamos coller a estrada vella. Cada quen debe ir no transporte que considere e agradecemos ás persoas que utilicen o seu vehículo que, por favor, nos comuniquen se poden levar alguén. 
Compre ANOTARSE en [email protected] antes do 11 de novembro ás 22h, poñendo o nome e os dous apelidos vosos,  e se ides xantar no bar “A Concha” ou comedes pola vosa conta. No bar "A Concha" o prezo do menú é de 15€.
Programa:
11:25h.: Saída en coches desde o palco da música de Lavacolla para a foxa común do Amenal (case 4km) onde están soterrados republicanos asasinados polos fascistas entre 1936-1940 e na que só se puideron desenterrar tres esqueletos. Os veciños chámanlle "o campo dos mortos". 
12:45h:. Visita ao exterior da igrexa parroquial de Lavacolla onde se celebraron varias misas co seu interior "adornado" con símbolos fascistas. Tamén ollaremos a cruz que substituíu ao "cruceiro bonito". 
14:15h.: Xantar no bar “A Concha” situado a uns 40m da entrada da antiga fábrica de coiros.
16:00h.: Saída desde o restaurante para iniciar a visita ao exterior do pombal (a 300 m) onde estaba emprazada da metralleta do campo de concentración (de poder ser faríase pola mañá). 
16:30h.:Visita ao interior da finca onde "residiron" os prisioneiros no campo de concentración: 
        A.  Campo por onde paseaban os penados e ruínas do curtidoiro/campo de concentración.
        B. Muiño do s. XIX. De haber auga no regato verémolo funcionar.
        C.  Lavadoiros das peles da fábrica de curtidos que despois usaron os prisioneiros para asearse. 
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Novembro 2026
    Outubro 2026
    Setembro 2026
    Julho 2026
    Junho 2026
    Maio 2026
    Abril 2026
    Março 2026
    Fevereiro 2026
    Janeiro 2026
    Dezembro 2025
    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Setembro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.