
Xosé Manuel naceu en Vigo o ano 1957. Médico de familia. Na súa faceta de melómano, colaborou en revistas musicais de ámbito folclórico e clásico. Entre os seus artigos musicais, podemos salientar: Rogelio Groba: "O frautín de Guláns" (2005), O nacionalismo musical galego (2007) e El poder de la música (2008). É ademais autor do blog «Medicina y Melodía» (https://medymel.blogspot.com/), onde trata principalmente de humanidades médicas e música. A súa inquedanza literaria levouno a escribir narrativa e poesía, con algunha incursión no teatro.
Na relación de Rosalía de Castro coa música, Xosé Manuel considera tres facianas rosalianas: a «faciana melódico-sensible»: sensibilidade musical (amor á música, habilidade como instrumentista, potencial capacidade compositiva); a «faciana poético-musical»: poemas de temática musical ou relacionados coa música; e a «faciana inspiradora»: poemas musicados, convertidos en cancións ou cantatas por diversos compositores.
Contamos coa túa presenza e participación.