Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

ca ven meu amigo. concerto de nadal

19/12/2024

0 Comentários

 
Fotografia
            Unha vez máis temos a honra de celebrar o final do ano convidados pola Agrupación Cultural O Galo, e a cada convocatoria asumimos con gusto un novo reto “programático”, para intentar satifacer as expectativas de tan atento e xeneroso público.
            No cerne do que hoxe presentamos está unha obra absolutamente singular da lirica galega, o ciclo das sete cantigas de amigo de Martin Codax. A singularidade destes poemas reside, sobre todo, en dous feitos. O primeiro deles nace de seu, no mesmo proceso creativo, e ten que ver coa súa extraordinaria calidade literaria. O segundo é un feito sobrevindo, causado polo paso do tempo, amais doutras infelices circunstancias, que  fixeron que, durante moito tempo, fosen as únicas cantigas profanas en galego medieval, dun corpus de máis de mil catrocentas, que conservarían tamén a súa música orixinal, música que non chegou aos nosos días. Só ao seren atopadas, no ano 1990, sete cantigas de amor con notación musical do rei Don Dinis, en estado moi fragmentario, reduciuse levemente esta severa carencia da nosa lírica. O feliz e xa célebre descubrimento de Pedro Vindel, no ano 1914, nas gardas dun libro de Cicerón, do pergamiño que leva agora o seu nome, permítenos gozar destas preciosas miniaturas. A nosa interpretación, como se explicará, contempla os sete poemas coma un ciclo que constrúe un metarelato, no cal os sete poemas deben ser interpretados de seguido, segundo a hipótese do profesor Giuseppe Tavani. Tras anos facendoo deste xeito, experimentado ao vivo o transitar polas emocións concentradas que a letra e a música destas sete pequenas marabillas transmiten en tan perfecta simbiose, podemos acreditar certamente na verosimilitude da proposta de Tavani.

                                                                                                                      Grupo de Música Antiga 1500
0 Comentários

RAÍÑAS E REIS DO PANTEÓN REAL DE COMPOSTELA. CONFERENCIA

14/12/2024

1 Comentário

 
Fotografia
RAÍÑAS E REIS DO PANTEÓN REAL DE COMPOSTELA  é a palestra que pecha o ciclo “Coñecemento e visibilización da historia de Compostela e do Reino de Galiza: o Panteón Real da catedral de Santiago” que organiza  a AC O Galo.

Será impartida polo doutor Francisco Rodríguez Sánchez, investigador da nosa historia medieval, con obras como
: A relevancia do reino galego medieval I e II,  Fernando Ruis de Castro : estratexia e rebeldía galegas no século XIV. Personaxes da Galiza medieval, Personaxes da Galiza medieval II, ou Personaxes da Galiza medieval III (no prelo).
​
O acto é aberto a todo o público até completar o aforo do local.

1 Comentário

visita guiada ao panteón real e ao museo da catedral

10/12/2024

0 Comentários

 
Fotografia
Esta visita é a que estaba prevista realizar o pasado 29 de novembro e que tivemos que adiar por motivos alleos á AC O Galo. Irán as persoas que xa estaban anotadas á visita do 29 de novembro.
0 Comentários

PINGAS DE HUMOR CRÍTICO

6/12/2024

0 Comentários

 
Fotografia
O debuxante Xoán Andrade expón a súa obra en Compostela a partir do 10 de decembro

O próximo martes, 10 de decembro, ás 20:00 h. A AC O Galo fará no CSC do Ensanche o acto de inauguración da exposición “Pingas de humor crítico” do ilustrador brigantino Xoán Andrade. O acto é aberto a todo o público ate completar o aforo.
Andrade recolle nesta exposición os seus traballos de varias décadas como debuxante e caricaturista, nos que colaborou con varios medios dixitais e en papel, como Sermos Galiza, Nós-Diario Galego ou La Región. Podemos ver unha boa colección dos seus traballos no seu blogue, tamén chamado Pingas de humor crítico.
No acto de inauguración, o autor fará unha visita guiada na que comentará algunha das obras e teremos a oportunidade de facerlle preguntas.
A exposición estará aberta do 10 de decembro ao 23 de xaneiro no Centro Sociocultural do Ensanche.
Fotografia
0 Comentários

visita guiada ao Panteón real de compostela.

2/12/2024

0 Comentários

 
Fotografia
A AC. O Galo convídate á visita guiada que organiza ao  PANTEÓN REAL da  CATEDRAL  de  SANTIAGO.
Este mércores, 4 de decembro, ás 17,55 h.
Guía: o doutor Francisco Rodríguez Sánchez, profesor de ensino medio.
Nesta visita guiada iremos ao Panteón Real onde están soterrados raíñas, reis e grandes nobres que foron decisivos no devir da época medieval en Galiza. Para inscribirvos compre que:
1.     Poñades un email a  [email protected]  antes do martes 3 de decembro ás 19h. Nel constarán o teu nome, 2 apelidos, número do DI e o email de todas e cada unha das persoas para as que demandas praza, incluíd@ ti.
2.     De anotarte, e logo non poder acudir a esta visita, rogámosche moi encarecidamente que nos avises canto antes para substituírte. Como sempre, antes da visita, temos que entregarlle aos responsábeis da catedral, o listado con todos os datos que vos pedimos e xa sabedes que temos numerus clausus.
3.     Aquelas persoas que conseguiron praza recibirán a confirmación axiña para vir a esta visita guiada.
Esta actividade forma parte do ciclo Coñecemento e visibilización da historia de Compostela e do Reino de Galiza, centrado en visibilizar os recursos socioculturais que conservamos do medievo e as relacións da igrexa coa realeza e os grandes nobres de Galiza, durante a Idade Media
0 Comentários

    Arquivos

    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.