A AC. O Galo organiza, en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago, unha visita guiada á obra do mestre Mateo. Nela veremos, guiados polo técnico de patrimonio cultural Xesús Borraxeiros, o Pórtico da Gloria e as esculturas que apareceron cando se realizaron obras na catedral e recibiremos explicacións sobre o seu estilo e que lugar ocupaban dentro do programa iconográfico de dito templo.
|
"MESTRE MATEO: O GRAN ARTISTA DA CATEDRAL DE SANTIAGO"
A AC. O Galo organiza, en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago, unha visita guiada á obra do mestre Mateo. Nela veremos, guiados polo técnico de patrimonio cultural Xesús Borraxeiros, o Pórtico da Gloria e as esculturas que apareceron cando se realizaron obras na catedral e recibiremos explicacións sobre o seu estilo e que lugar ocupaban dentro do programa iconográfico de dito templo.
0 Comentários
A AC. Galo presenta a monografía SANTIAGO 1023/1936 que acaba de editar
Nela publicamos os artigos dos cales, de xeito resumido, os seus autores expuxeron os contidos nas palestras e nas visitas guiadas do ciclo que realizamos ao longo de 2025. Na presentación agasallaremos aos asistentes con este libro de 294 páxinas, ilustrado con numerosas fotos. Ademais, o acto celebrarase nun espazo cargado de simbolismo para tod@s galeg@s, e que xa nos acolleu no segundo dos roteiros do citado ciclo. Data, hora e duración : Martes, 18 de novembro, ás 20:30h. Interveñen: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago e Míriam Louzao, concelleria de Acción Cultural de Santiago. E asemade catro dos autores do libro Xoán Carmona, Ricardo Gurriarán, X. Ramón Rodríguez Lago e Mercedes Rozas. Lugar: Rúa do Vilar nº 15 baixo (Antiga sede da editorial e imprenta NÓS). Como local no que terá lugar a presentación ten unha cabida reducida, en xaneiro faremos outra presentación nun sitio con maior capacidade, para que poidan asistir todas as persoas que teñan interese no tema. |
A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.
|
RSS Feed
