Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

Roteiro. espazos do campo de concentración de lavacolla.

26/11/2024

0 Comentários

 
Fotografia
O 30 de novembro, ás 16,30 h., comezará a visita guiada na compaña da profesora doutora da UdC Ana Tarrío Tobar e a xornalista Rosalía Macías. Xuntarémonos no palco da música da parroquia de Lavacolla para saír puntuais. Veremos a igrexa, “o cruceiro bonito”, a fábrica de curtidos onde durmían os condenados a traballos forzados e por último o coñecido polos veciños co nome de “campo dos mortos”. Cando remate asistiremos a unha táboa redonda no local do CSC de Lavacolla.
0 Comentários

táboa redonda. presos no campo de concentración de lavacolla.

26/11/2024

0 Comentários

 
Fotografia
O 30 de novembro, no CSC de Lavacolla, ás 19 h., a continuación do roteiro, terá lugar unha táboa redonda na que participarán Rosalía Macías, Ana Tobar e Xosé Lois Rivas (Mini), para falar do campo de concentración de Lavacolla, a situación dos presos e a súa relación coa veceñanza. 
0 Comentários

visita guiada ao panteón real e ao museo da catedral

24/11/2024

0 Comentários

 
Fotografia
0 Comentários

mulleres voluntarias no laboratorio militar da facultade de farmacia da usc

18/11/2024

0 Comentários

 
Fotografia
USC. Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago de Compostela. Exército do Norte.
Un mes despois de que estalase a Guerra Civil Española, a Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela comezou a funcionar como un centro de fabricación de medicamentos e produtos sanitarios para o exército sublevado. A escaseza de industria farmacéutica e estruturas da farmacia militar na zona franquista obrigou a crear novos espazos que desen resposta á gran demanda sanitaria que a guerra estaba a xerar. O Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago de Compostela contou coa colaboración da meirande parte dos profesores da facultade, que foros asimilados como militares, e de xoves voluntarios. Este voluntariado constituíuse principalmente por mozas pertencentes á burguesía compostelá que acudiron de xeito inmediato e espontáneo ás portas de Fonseca para ofrecer a súa axuda. O traballo desenvolvido durante estes tres anos foi primordial para que a produción de medicamentos e apósitos do Laboratorio fose moi notable, sobre todo na calidade das preparacións.
0 Comentários

O NACIONALISMO GALEGO NA DÉCADA DOS 70

5/11/2024

0 Comentários

 
Fotografia
O vindeiro xoves, 7 de novembro, no Vide-Vide, faremos a presentación do libro e asistiremos á proxección do documental "O NACIONALISMO GALEGO NA DÉCADA DOS 70". Intervirán Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras, e Ramón Varela.
Esta obra quere homenaxear as centos de persoas que co seu esforzo, sacrificios e entrega militante, fixeron posíbel o renacemento e introdución social do nacionalismo como movemento social, ideolóxico e político.
0 Comentários

    Arquivos

    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Setembro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    RSS Feed

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.