1 Comentário
O vindeiro mércores, 30 de outubro, comezamos unha serie de actividades dentro do programa RECUPERACIÓN, COÑECEMENTO E VISIBILIZACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA DURANTE A PRIMEIRA METADE DO SECULO XX E NA IDADE MEDIA.
A primeira será unha visita guiada ao Panteón Real e Tribuna da Catedral de Santiago. Se queres participar, debes anotarte enviando un correo á AC O Galo. Están programadas dúas máis que serán anunciadas uns días antes tanto nesta páxina como nos médios de comunicación. O venres, 25 de outubro, faremos un roteiro co alumnado de 5º e 6º de educación infantil do Apóstolo Santiago polo monte da Almáciga. Imos percorrer varias rúas e os seus parques para aprender os seus segredos. Veremos o emprazamento de edificios que xa non existen como o mosteiro de S. Pedro de Fóra ou o almacén de pólvora; escoitaremos a lenda de Xoán Tuonum a carón do dragón que garda a porta; xogaremos nos alquerques...
O vindeiro mécores, 23 de outubro, preséntase o nº 190 da revista Terra e Tempo, na Facultade de Historia da USC. Número adicado a Benito Vicetto, no que colaboran entre outras persoas: Xosé Ramón Freixeiro Mato, Esperanza Piñeiro de San Miguel e María Pilar García Negro.
O vindeiro venres, 18 de outubro, no espazo enocultural Vide,Vide, organizamos un coloquio sobre o marxismo e a cuestión nacional, coa participación de Paulo Cundíns e Rubén Cela. Será ás oito do serán.
Antes realizar este roteiro cos escolares de 5º e 6º, imos facer unha palestra no Apóstolo Santiago para presentar á comunidade escolar do centro o caderno que imprimimos para a visita guiada ao barrio da Almáciga.
|
Arquivos
Dezembro 2024
A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.
|