Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

ENSAIOS SOBRE O EFÉMERO. CONVERSA LITERARIA

27/9/2025

0 Comentários

 
Fotografia
O vindeiro mércores, 1 de outubro estades convidad@s á conversa literaria entre Vítor Vaqueiro e Marga do Val titulada ENSAIOS SOBRE O EFÉMERO
Data e hora: mércores, 1 de outubro de 2025, ás 19:00h.
Lugar: Libraría Couceiro.
Os setenta e dous relatos que compoñen Ensaio sobre o efémero (titulo que desexa abanar entre a ironía e a veracidade) fican marcados pola concisión e o intento de síntese, estando algúns deles composto apenas por unhas poucas ducias de palabras. Os seus temas, estruturados en tres grandes agrupamentos --Anais, Biografías, Relatorios— percorren unha longa singradura desde a orixe da Historia até hoxe e están protagonizados por personaxes ficticias e reais, que duplican, ou soñan, figuras da Antigüidade clásica, dinastías chinesas, arábigas ou persas, mulleres asasinadas polo Santo Oficio ou violadas pola barbarie hai máis de dous mil anos, operarios da Terra Cha ou Valdeorras construtores de pontes sobre o East River, heroínas como Inés de Ben e almirantas como Isabel Barreto, combates nocturnos con seres procedentes dos castros e quen sabe se do Alén, crianzas enleadas na noite por sons indescifrábeis procedentes do cuarto dos proxenitores, mitoloxías bíblicas, enganos, armadillas e ciladas, consideracións sobre a idea de Infinito ou de Dobre. Do Universo en resumo (a expresión é de Borges) e da confusa peripecia humana. 

Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948), poeta, narrador e fotógrafo, membro destacado da Xeración Poética dos 80, é autor dunha obra literaria cuxos principais esteos están marcados por poemarios como Informe da gavilla (1980), Camiño de Antioquía (1982, premio Esquío) A fraga prateada (1983, premio da Crítica española), A cámara de névoa (1989), Palavras a Espártaco (2015) e 1968 (2018), textos narrativos do que son mostra os libros de relatos Os xenerais de África (1999) e O soño (re)dirixido (2010), ou as novelas Os nomes da morte (2002) e Os espellos do tempo (2008). Alén disto, publicou escritos que teñen a ver coa cultura tradicional galega como Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria (1998) ou Mitoloxía de Galiza (2011, premio Irmandade do Libro), a divulgación (Guía do norte de Portugal, 2001) e o ensaio Da identidade á norma (2017) —en colaboración con Nicolás Xamardo—. Como estudoso da fotografía deu ao prelo, en edición de Publio López Mondéjar, Pacheco. A memoria dun tempo e dun país (2002) e Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915 (2022), ademais dos libros de creación Galicia (1990) e Rituais (2000). É autor así mesmo de ensaios, en colaboración, sobre Augusto Pacheco e a liñaxe fotográfica dos Llanos, alén de artigos en revistas galegas e estranxeiras, nomeadamente do ámbito da lusofonía.

Marga do Val  (Vigo, 1964), licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, poeta, narradora, ensaísta e crítica literaria, é autora de A cidade sen roupa ao sol (2010, premio da Crítica de poesía galega). Como crítica literaria e articulista colabora en diferentes medios de prensa: GRIAL, A Festa da Palabra Silenciada, Galicien- Magazim, Nós Diario... Froito do seu labor docente e de investigación son: Os Camiños da Vida de Ramón Otero Pedrayo (1992) ou Entrevistas con R. Dieste (1994).
0 Comentários

lugares de xuntanza e socialización

24/9/2025

0 Comentários

 
Fotografia
A AC. O Galo, dentro das xornadas de recuperación e visibilización da memoria histórica Santiago 1923/1936, organiza un novo roteiro Lugares de xuntanza e socialización. Santiago 1923-1936.
Data e hora de comezo: Sábado, 27 de setembro de 2025 ás 12h
Punto de encontro: Porta do Camiño, esquina coa rúa Casas Reais
Explicacións: Antonia Pérez 
1º Parada: Rúa Casas Reais nº40  e  Pr. de Cervantes s/n
2ª Parada: Rúa de San Agostiño nº2. 
3ª Parada: Pr. da Universidade nº2 e nº5
4ª Parada: Pr. de Mazarelos nº 7.
5ª Parada: Rúa Nova nº44. 
6ª Parada: Rúa da Conga n.º 11. 
7ª Paradas: Rúa do Vilar nº 21 e 28.
8ª Parada: Rúa San Clemente nº3 (actual Instituto Rosalía Castro). 
9ª Parada: Rúa do Pombal nº43. 
 
Compre anotarse antes do 26.09.25 ás 24h en [email protected] poñendo nome, apelidos e n.º do DI.
0 Comentários

Espazos de xeración e difución de cultura

18/9/2025

0 Comentários

 
Fotografia
O vindeiro 23 de setembro organizaremos unha visita guiada, dentro das xornadas de recuperación e visibilización da memoria hístórica Santiago 1923/1936, que leva por título  “Espazos de xeración e difusión da cultura. Santiago 1923/1936”​

O punto de encontro será na Rúa Concepción Areñal n.º10, ás 18h (moi preto do cine Numax)
Acompañados por Xesús Amado e Antonia Pérez, veremos e recibiremos explicación sobre espazos de Compostela dos habitualmente non se fala, pero que tiveron a posteriori unha inorme importacia no noso eido cultural. Remataremos despois de ollar e de recibir explicacións sobre os interiores (tremoia, camerinos, almacéns, etc. do Teatro Principal.
Compre anotarse mandando un correo a comunicacion@o galo.gal.
0 Comentários

crónica da universidade galega

11/9/2025

0 Comentários

 
Fotografia
O vindeiro mércores, 17 de setembro, teremos ocasión de escoitar a  Ricardo Gurriarán na palestra CRÓNICA DA UNIVERSIDADE GALEGA. Vainos falar do acontecido entre 1923  e 1936 na Univedrsidade Galega, como a denominou Cadarso, o reitor que foi quen de engadir ás catro facultades existentes dúas novas: Historia (Filosofía e Letras) e Química. Ambas comezaron a súa andaina a principios de 1923, con docentes mozos que labraron unha mudanza que se consolidará a partir de 1930. Sen esqueder a participación do estudantado e a participación do Seminario de Estudos Galegos nos novos proxectos. 

Ricardo Gurriarán Rodríguez
é   licenciado en Educación Física pola Universidade Policténica de Madrid,e doutor en Historia Contemporánea pola USC, coa tese A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas: A ruptura de Guerra Civil.
As súas liñas de investigación son: a cultura deportiva, guerra civil española.
Entre as súas publicacións relacionadas co tema destacan:
A investigación científica (1900-1940): Institucións, redes formativas e carreiras académicas. 2003.
Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. Premio da Crítica Galicia  de investigación 2007.
«Alejandro Rodríguez Cadarso: un innovador que fixo país».  En Rodríguez Cadarso. Un Reitor para un país. 2008. Pp. 94-113.

0 Comentários

plástica en Santiago. 1923/1936

6/9/2025

0 Comentários

 
Fotografia
A Agrupación Cultural O Galo continúa coas xornadas SANTIAGO DE COMPOSTELA 1923/1936.

O mércores 10 de setembro, ás 18:30h., na​ libraría Couceiro podereres asistir á palestra-roteiro PLÁSTICA EN SANTIAGO. Mercedes Rozas, historiadora da arte, comisaria de exposicións e crítica de arte,  vainos falar do ambiente da vila naqueles intres, nos que bulía con exposicións, conferencias, certames, faladoiros, publicacións... Nese fervedoiro cultural distintas institucións e obradoiros de artistas serven para dinamizar a vida compostelá, espazos onde se exercía a docencia artística e musical, impartíanse conferencias e facíanse exposicións.

 Rematada a palestra, ruaremos guiados por ela para coñecer mellor: a Sociedade de Amigos da Arte de Santiago, saber onde estaba o obradoiro de Mariano Tito Vázquez, a casa do estudante Luís Seoane, a imprenta Ánxel Casal, o Gran Café Español….

Como contamos con prazas limitadas, quen desexe asistir debe anotarse en: [email protected] , antes do 9 de setembro ás 12h., indicando nome, apelidos e DI.
​

Esta actividade forma parte das xornadas SANTIAGO DE COMPOSTELA 1923/1936 que estamos a realizar coa colaboración do Concello de Santiago. O seu programa abrangue historia, cultura, o coñecemento de relevantes personalidades e de espazos e edificios nos que se celebraron ou ocorreron feitos importantes na década elixida. Nos seus contidos prestarase especial atención a evidenciar: como na práctica, Santiago actuaba cal capital de Galiza desde mediados de 1920; os  recursos e modos de vida da xente do común; á dinamización por parte de determinados grupos; os cambios na USC;  o rol desempeñado pola prensa; como a denominada “historia oral” e as aportacións de escritores e artistas adquire un grande relevo para a recuperación da memoria histórica deste período. 
0 Comentários

SANTIAGO DE COMPOSTELA 1923/1936

4/9/2025

0 Comentários

 
Fotografia
En setembro contiuaremos coas xornadas "Santiago de Compostela 1923/1936". Poderemos asistir a palestras e roteiros para coñecer o Santiago desta época.
0 Comentários

    Arquivos

    Janeiro 2026
    Dezembro 2025
    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Setembro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.