A AC. O Galo convídavos á presentación-palestra deste libro que é máis un contributo para desvendar a verdadeira Rosalía e a real significación da súa obra da man de quen, con obras fundamentais como Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988) ou Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (2011), contribuíu como ninguén a deitar por terra os estereotipos e deturpacións interesadas sobre a nosa autora nacional e a restaurar a súa figura.
Reune unha colección de artigos publicados por Francisco Rodríguez nos últimos anos en diversos dixitais, xornais e publicacións especializadas, sempre co ánimo de facer chegar ao grande público unha outra imaxe de Rosalía de Castro, resultado de anos de investigacións e análises rigorosas, fiel á realidade mais aínda hoxe non plenamente asumida. Nas páxinas deste libro vaise perfilando unha Rosalía pioneira non só na escrita en galego, mais tamén na defensa da Galiza frente ao proceso de asimilación política polo novo Estado centralista español, coñecedora das ideas socialistas e profundamente identificada coas clases populares galegas, especialmente coas mulleres labregas. Unha Rosalía coraxosa, consciente do seu papel e determinada a exercer como escritora pese a quen pesar e asumindo os custos persoais desa decisión. Unha muller heterodoxa en múltiples aspectos. Unha galega que só se identificou coa súa patria e que nunca desertou da causa da Galiza. A nosa Rosalía. Esta exposición resume en vinte paneis a traxectoria vital e literaria de Rosalía. Intenta comunicar o seu espírito de muller valente e galega, consiente de selo, e a intención e orientación que guiou a súa obra.
A AC. O Galo organiza unha visita guiada á exposición UNHA VIDA VIQUINGA o próximo venres 20 de setembro de 2024, ás 18:00h no edificio do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.
Abrangue arredor de 120 pezas históricas e arqueolóxicas procedentes de destacadas institucións museísticas dos países nórdicos. achegarémonos a aspectos como a participación das mulleres nas campañas de exploración, pero tamén ás viaxes e ao comercio, á mitoloxía, á estrutura social e política, á presenza da cultura viquinga fóra de Escandinavia ou á súa relación con Galicia. Durará 75 minutos aproximadamente e ao seu remate poderemos facer preguntas. A AC. O Galo inicia as súas actividades ca presentación de Liberdade para o Galego. Política, uso e disposición da lingua. Un libro que, baseándose nos últimos datos, aborda a problemática da situación do noso idioma e o posible xeito de superala.
Nela intervirán os seus autores e directivos da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira e Elsa Quintas, xunto con Nestor Rego Candamil, Deputado polo BNG no Congreso de Deputados de Madrid. Terá lugar este sábado 14 de setembro de 2024 ás 12h na Libraría Couceiro de Santiago (Pr. de Cervantes). |
Arquivos
Setembro 2024
A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.
|