Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

homenaxa ás vítimas da represión franquista

14/7/2025

0 Comentários

 
Fotografia
HOMENAXE NACIONAL ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA
Illa de San Simón (Illa da Memoria). Domingo 20 de Xullo de 2025, 10h.
EMBARQUE: Porto de CESANTES-REDONDELA:
Adianto  da programación:
PRIMEIRA PARTE:
10h,: Saída do porto de Cesantes da AC. O Galo e posíbeis acompañantes.
11h. aprox.: Visita á illa de S. Simón, guiada por Matías da Torre ou por Luís Bará.
12:30h. aprox.: Homenaxe ás vítimas do campo de concentración de S. Simón. Nel intervirán Alba Costas e Xurxo Ayán e efectuarase unha ofrenda floral ás vitimas do campo de concentración desa illa e de todos os campos de prisioneiros.
 
SEGUNDA PARTE (pola tarde), poden incorporarse amig@s d@s soci@s:
14:30h. aprox.: Saída da illa cara ao porto de Cesantes. Desde aquí partimos para xantar ao aire libre: Cada quen traerá da casa a comida, bebida e aparellos para xantar.
17:30h. aprox.: Roteiro pola zona da ría de Pontevedra ou de Vigo.

0 Comentários

alba de gloria

13/7/2025

0 Comentários

 
Fotografia
O próximo sábado, 19 de xullo de 2025 ás 12h, un ano máis desde 2011, a Federación Galiza Cultura, da man da AC. O Galo e a AC Vagalumes celebran no cumio do Pico Sacro a LECTURA DO ALBA DE GLORIA DE CASTELAO, un dos textos máis fermosos da literatura galega e que o noso grande político e artista escribe estando xa exiliado en Bos Aires.
Lembramos así a subida a este monte de Castelao e un grupo de amigos seus, algúns membros das Irmandades da Fala e, asemade, os 75 anos da súa morte. A AC. O Galo convídate á lectura do Alba de Gloria.
Non  é preciso anotarse,  e cada quen debe usar os seus propios medios de transporte para ir ata o Pico Sacro.
 
PROGRAMA 
12:00h.: Benvida e intervención de Manuel Rey profesor e estudoso da figura de Castleo.
12:30h.: Rubida ao último treito do cumio do Pico Sacro con parada na capela. Xa no petouto, as AC. Vagalumes, AC. O Galo e varias asistentes, lerán Alba de Groria de Castelao.
13:30h.: Baixada con parada para ver a chamada cova da Raíña Lupa.
15:00h. aprox.: Xantar de convivio no val do Ulla. O lugar depende da climatoloxia e cada quen levará a súa comida, bebida e os aparellos necesarios.
0 Comentários

xii convivio da cultura galega

4/7/2025

0 Comentários

 
Fotografia
Un ano máis a Fundación Manuel Maria de estudos galegos e a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, da que a AC O Galo forma parte,  desenvolverán o Convivio da Cultura Galega. E como en ocasións anteriores queremos celebralo, desta volta na súa XII edición, coa participación do conxunto do tecido cultural galego. Deste xeito, convidámosvos a achagarvos a Outeiro de Rei  nesta data de celebración que une ao tecido cultural de base nunha festa anual, este ano será o  sábado 12 de xullo a partir da 11 horas.
0 Comentários

venme ao bico en conto

3/7/2025

0 Comentários

 
Fotografia
Este xoves, 3 de xullo, ás 21.00 no CSC Maruxa e Coralia, teremos a ocasión de escoitar a Miguel Gouveira, nunha sesión para público adulto do Festival Atlántica de Teatro, co seu espectáculo

VÉNME AO BICO UN CONTO

Todos temos necesidade de escoitar e contar historias, pois é con elas que damos forma á complexidade da vida, restauramos a orde coa imaxinación, compartindo experiencias, escoitando ao outro, criando empatía e recuperando a esperanza no individuo e na comunidade.
O feito de contar e oír historias é, así, unha experiencia única, renovada constantemente pola complicidade entre quen conta e quen escoita.
Miguel Gouveia chega da Figueira da Foz, e trae “no bico un contar”. Un contar que mana da súa boca tan fresco, coa palabra tan viva, como chega a auga á bica da fonte. “Veume á bica un conto” como di Miguel, neste dito portugués é iso mesmo: un momento compartido en que teceremos a medias unha trama feita de palabras e silencios, que fai dos contos unha poderosa ferramenta do pensamento e da imaxinación.

Miguel GouveiaNace tirsense, cun par de costelas durienses, e conta e le en voz alta desde que, en 2001, pequenas criaturas o apelidaran de profesor. En 2008, a medias coa súa cara-metade, crea Bruaá Editora e abandona o ensino para tornarse mestre de obras, dedicándose a tempo enteiro á edición, tradución, lectura en voz alta e narración oral. Como lector sonoro, preséntase en bibliotecas, escolas, librarías, asociacións e festivais cos “Concertos de lectura”, designación prestada do escritor brasileiro Rubem Alves. Mentres, o contador de historias traballa cun repertorio construído en grande parte a partir da tradición oral portuguesa e de recollas persoais. Actualmente é tamén libreiro na Bruaá / Libraría do Convento, en Coimbra, onde ocasionalmente presenta os “Concertos de Lectura” para adultos e sesións de contos para os máis novos. Vive na Figueira da Foz, municipio no que organiza o encontro “Tintim por Tchim-Tchim”, onde os contos se xuntan ao viño. E ben ou mal contado, este conto está acabado.

 
0 Comentários

    Arquivos

    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.