Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

a fotografía en e de Santiago

13/6/2025

0 Comentários

 
Fotografia
Esta conferencia forma parte das xornadas SANTIAGO DE COMPOSTELA 1923/1936 que a AC. O Galo celebra desde maio a outubro de 2025, cá fin de contribuír á recuperación da memoria histórica  da nosa cidade na etapa que media entre a instauración da ditadura de Primo de Rivera e o comezo da guerra civil.
¡Vémonos o próximo mércores!


Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948) é licenciado em Química e Doutor em Ciências da Comunicação pola USC- Nesa facultade foi profesor de fotografía, cunha tese que explora a atividade, na imprensa, da linhagem dos Pacheco entre os anos 1909 e 1936.

A sua atividade fotográfica inicia-se nos anos oitenta. Foi um dos fundadores do Centro de Estudos Fotográficos, entidade que abandonou com posterioridade. Ccomissariou as primeiras edições da Fotobienal de Vigo, ao tempo que iniciava um processo de docência e pesquisa sobre diversos aspectos da fotografia. Fruto deste trabalho são os livros Pacheco. A memoria dun tempo e dun país (Barcelona, 2002) e Facedores de imaxes (Vigo, 2022). Em colaboração, publicou Marcas de luz (Vigo, 2009), Galicia, um século de creación (Santiago de Compostela, 2017) obra coletiva sobre a arte galega, Mentindo com mestria (Vigo, 2023), sobre a obra fotomontaxística de Augusto Pacheco e Memoria e azougue (Vigo, 2024), panorâmica sobre o trabalho fotográfico de três gerações da família Llanos. Artigos seus sobre aspectos teóricos ou históricos da fotografia aparecêrom em revistas como Grial, A trabe de ouro, Murguia ou Interesarte e no âmbito da lusofonia, nomeadamente no Anuário Internacional de Comunicação Lusófona, ao tempo que redigiu biografias dos principais fotógrafos históricos galegos para o Álbum do Galicia do Conselho da Cultura Galega. Como autor publicou os volumes Galicia (Vigo, 1990) e Rituais (Compostela, 2000). Além disso, dirigiu o Arquivo Pacheco, foi um dos inspiradores do malogrado Centro Galego de Fotografía, e agiu como conferencista em numerosas palestras, jornadas ou congressos.
​
Para além da sua atividade fotográfica, tem publicados sete livros de poesia, quatro de relato curto e duas novelas, obras de temática etnográfica, como Mitoloxía da Galiza, ou de ensaio como Da identidade á norma (Santiago de Compostela, 2017). Co seu poemário Camiño de Antioquía (Ferrol, 1982) ganhou o Premio Esquío de Poesía e com A fraga prateada (Vigo, 1983) o Premio de la Crítica espanhola, bem como o Irmandade do Livro com a antedita Mitoloxia de Galiza.

Vítor Vaqueiro na conferência A FOTOGRAFÍA EN E DE SANTIAGO passa revista á atuação de profissionais da fotografia que visitaram a capital galega no agitado, e dinâmico, período abrangido por dous golpes de estado: o de Primo de Rivera e o de Francisco Franco. Um período que, na Europa, testemunha a presença de múltiplas atitudes perante o feito de fotografar, as quais grosso modo, podem se resumir em duas, por costume nomeadas estratégias realistas e não realistas. No primeiro setor incluem-se os campos nomeados de reportagem e de documental. No segundo, uma mão-cheia de pontos de vista onde salientam o surrealismo ou o dadá e que, em paralelo aos acontecimentos artísticos alicerçados na Revolução de Outubro, geraram formas fotográficas profundamente originais, que vão desde a fotografia fabricada até a fotomontagem. Hannah Höch, Man Ray, Aleksander Rodchenko ou John Heartfield constituem mostras sublinháveis das tendências citadas. Dado o atraso cultural dominante na Península Ibérica, as sinaladas estratégias não realistas não tivérom presença na pell de brau, se excetuar os casos de Catalunha e Euskal Herria. Na Galiza —fotograficamente periférica como o resto do Estado, agás as duas exceções sinaladas— abrolhárom, porém, meritórios projetos de natureza documental, que pesquisárom a monumentalidade, a paisagem, os tipos populares e o ser galego.
Com o objeto de analisar o jeito que em Compostela se manifestárom as tendências sinaladas, apresenta-se a obra de quatro significadas personagens do mundo fotográfico que visitárom ou viviam na Galiza no tempo considerado: a norte-americana Ruth Matilda Anderson, o português Pacheco, o abulense Luis Casado, Ksado —ambos os dous residentes no país— e o francês Jules Gervais-Courtellemont. A trabalharem em preto e branco os três primeiros e em cor o último, as suas fotografias constituem uma mostra de interesse inegável dos processos fotográficos que atingem á fotografia de perfil etnográfico, ás representações de caráter identitário e monumental, ao tempo republicano com a briga em prol do estatuto de autonomia, e ao registro em cor de imagens onde lateja a pegada do exotismo e o pictorialismo.
 

0 Comentários

a prensa en santiago

7/6/2025

0 Comentários

 
Fotografia
Este roteiro percorre os lugares emblemáticos relacionados coa prensa de Santiago de Compostela durante o período 1923-1936, con referencias aos anos anteriores e posteriores . Esta etapa caracterizouse por profundas transformacións políticas e sociais, desde a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) até a Segunda República (1931-1936), culminando na Guerra Civil e o primeiro franquismo (1936-1939). O xornalismo compostelán viuse afectado por estes cambios, adaptándose a tres réximes políticos moi distintos que condicionaron a liberdade de prensa, a proliferación de publicacións e a súa posterior represión.
A ditadura de Primo de Rivera impuxo unha férrea censura e control sobre a prensa, limitando a expresión de ideoloxías contrarias ao réxime e reducindo o espazo do galeguismo ao ámbito cultural. A Segunda República representou unha explosión de pluralidade e liberdade informativa, con novas cabeceiras e un intenso debate político e social. Porén, coa Guerra Civil, a prensa compostelá foi sometida á represión, coa incautación de medios, a persecución de xornalistas e a unificación ideolóxica forzada cara ao novo réxime franquista.
O percorrido está organizado seguindo unha ruta lóxica polo casco histórico de Santiago, permitindo observar como os espazos físicos do xornalismo compostelán reflicten as transformacións políticas e sociais deste período. A través das distintas paradas, é posible reconstruír a evolución da prensa local, desde os tempos de censura e control ata os momentos de maior efervescencia e, finalmente, a represión que marcou o final desta etapa.
O roteiro será guiado por Xoán Costa Casas, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, completou a súa formación na Universidade de Lisboa. A súa carreira como docente levouno a impartir aulas de Lingua e Literatura Galega en diversos centros educativos.Participou na elaboración de numerosas obras sobre normativa lingüística, expresión oral e escrita, e análise crítica da evolución do galego. Tamén desenvolveu un amplo labor xornalístico desde Nós Diario, abordando temas de política lingüística e social. Foi presidente da AS-PG entre 2001 e 2020 e dirixiu a revista Agália. É colaborador ou criador de diversa revistas de pasatempos como A Formiga no Carreiro, A Píllara das Dunas, Cataventos ou A agulla de marear, concebidas e distribuídas coa idea de fomentar o uso do galego no lecer.
Non é mester anotarse para poder asistir.

0 Comentários

xiv seminario sobre a memoria

4/6/2025

0 Comentários

 
Fotografia
XIV Seminario sobre a MemoriaOs días 6 e 7 de xuño de 2025 desenvolverase nos concellos de Rianxo e Santiago de Compostela unha nova edición do Seminario sobre a Memoria, que este ano leva por título Os desastres da guerra.
Venres 6 de xuño
O programa dará comezo o venres 6 ás 16.30 horas, coa recepción e entrega de documentación e posterior inauguración das actividades, que  terá lugar no IES Félix Muriel de Rianxo. De seguido, ás 17.30 horas, desenvolverase a conferencia Transición en feminino: a introdución da perspectiva de xénero no estudo das organizacións políticas e sindicais en Galiza (1964-1990), a cargo de María Fernández Blanco, investigadora da USC.Unha hora máis tarde as actividades seguirán arredor da exposición Mulleres represaliadas no cárcere de Tui, da man de Helena Pousa. Despois dun breve descanso, a partir das 19.30 pechará esta primeira xornada do Seminario o monólogo do dramaturgo Carlos Labraña Barreiro: Mambrú volveu da guerra.
Sábado 7 de xuñoXa o sábado a partir das 10.00 a xornada dará comezo, novamente no IES Félix Muriel de Rianxo, coa conferencia-coloquio A illa de San Simón, a cargo do historiador José Álvarez Castro. Logo dun pequeno descanso, o programa continuará ás 11.30 cun roteiro polo Rianxo emocional de Castelao, que será guiado polo historiador Xesús Santos Suárez.
Tralo xantar, ás 16.00, o historiador Víctor Santidrián Arias ofrecerá a conferencia-coloquio O documental na aula, unidade didáctica. Será ao remate desta actividade cando a programación prevista se traslade a Santiago de Compostela. Alí dará comezo a partir das 18.30 un Roteiro polo campo de concentración de Lavacolla, no que as persoas asistentes poderán coñecer a historia das instalacións da man de Ana Tarrío Tobar, profesora da UDC, Rosalía Macías Tarrío, xornalista, e Antonia Pérez, Presidenta da asociación Agrupación Cultural O Galo.
Inscrición na páxina ​https://neg.gal/actividades/xiv-seminario-sobre-a-memoria/
0 Comentários

    Arquivos

    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.