Neste roteiro circular, percorreremos guiados por Henrique del Río os lugares emblemáticos relacionados coa Revolución Galega en Compostela: Praza de San Martiño, Pazo de Fonseca, Alameda, San Fiz de Solovio, Praza de Cervantes, Paza de San Martiño.
Para asistir compre anotarse en [email protected] antes do 24 de abril ás 14h. poñendo nome e apelidos das persoas que desexen vir. Mandaremos un correo de confirmación no caso de ter praza.
Data e hora: sábado, 25 de abril de 2026, ás 11.30h. Tempo de duración previsto de 1hora e 20 minutos.
Lugar de inicio: Praza de San Martiño Pinario. Percorrido 1.500 metros.
Con este roteiro queremos contribuír a recuperar unha parte da nosa memoria colectiva máis silenciada, co fin de proxectar no presente a dignidade e sacrificio de pasadas xeracións que, dun xeito ou doutro, deron a súa vida pola causa da liberdade de Galiza e a construción dunha sociedade máis xusta.
Henrique del Río Otero. Licenciado en Ciencias Políticas pola USC. Especialista na figura de Antolín Faraldo e a Revolución de 1846, tema sobre os que publicado "200 anos de Antolín Faraldo" na colección de efemérides da Fundación Galiza Sempre e "Antolín Faraldo, un precursor do feminismo galego" e "E se Aben Humeya levou a Faraldo a Granada" no Anuario Brigantino.
Feed RSS
