Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

A LITERATURA QUE NACEU PARA VOAR DE BOCA EN BOCA

29/3/2025

0 Comentários

 
Fotografia
Carlos Callón naceu en Ribeira e agora é profesor en Santiago. As bocas de súa bisavoa Rosa, súa avoa Pepa e súa tía Pepita alimentárono de cantos e contos sen os cales non sería o mesmo. Cando chegou á adolescencia, non entendía que houbese persoas que non valorasen a lingua e cultura galegas: «É como ter un tesouro agochado!». Por iso traballa arreo en asociacións como A Mesa pola Normalización Lingüística, da que foi presidente, e escribe libros que permiten ver a forza e o valor de Galiza.
0 Comentários

8 mulleres galegas que noveron os marcos

24/3/2025

0 Comentários

 
Fotografia
O vindeiro venres, 28 de marzo de 2025, ás 19:00  visitaremos a exposición

                                8 MULLERES GALEGAS QUE MOVERON OS MARCOS
No Claustro Alto do Colexio de Fonseca, guiados por Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria e comisaria da exposición, percorreremos esta exposición, nela exhíbense oito paneis dedicados a cada unha destas pioneiras cos que a Biblioteca da USC quere contribuír a poñer en pé de igualdade as súas figuras. Trátase dun mínimo botón de mostra documental da intensa actividade dalgunhas destas mulleres. Doutras, apenas se puideron reunir unhas poucas imaxes e algunha breve noticia nun xornal, de xeito que o espazo reservado a estas últimas nas vitrinas actúa tamén como testemuño do esquezo ao que foron relegadas.
0 Comentários

o pensamento de lenin desde unha perspectiva galega

22/3/2025

0 Comentários

 
Fotografia
O vindeiro mércores, 26 de marzo de 2025, ás 20:00 h.  na Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Presentamos o número 191 da revista  Terra e  tempo. Número adicado a Lenin que reúne unha serie de artigos de especialistas, entre os que están as persoas que intervirán: 

María do Carme García-Negro nada en Lugo en Febreiro do 50 do século pasado. É Doutora en Economía, Profesora Titular de Economía Aplicada da USC, hoxe reformada. Cofundadora do IFEX (Instituto Universitario de Estudos Feministas e de Xénero) da USC.  Coordinadora do Equipo de Investigación de Economía Pesqueira e Recursos Naturais da USC. Directora do Centro de Documentación Europea da USC. Membro do EAFE (Asociación Europea de Economistas Pesqueiros) durante a etapa activa na Universidade. Autora de varios libros sobre economía galega economía pesqueira. Autora de artigos sobre esas especialidades en revistas internacionais. Escritora en Prensa e revistas de divulgación, e conferencista. Vainos falar de
 
A vixencia e actualidade do Imperialismo, de Lenin

Examínase ao longo do artigo publicado en Terra e Tempo o concepto de Imperialismo definido por Lenin no seu opúsculo de 1917 Imperialismo fase superior do capitalismo. Esta achega conceptual decisiva quedou fóra da área de influencia académica no chamado occidente até ben pasados os anos 60 do século pasado. Foron os economistas críticos e/ou marxistas norteamericanos os que foron quen de recoller aquel iniciático análise e concepto para criar novo coñecemento sobre o capitalismo monopolista, é dicer sobre a fase actual deste sistema. Así damos a coñecer as características do funcionamento do capitalismo nesta fase. O seu ámbito mundial, a existencia da unidade de produción típica desta fa se que é o monopolio(en termos marxistas, non da economía convencional) a financiarización de todas as relacións económicas, a extensión do capitalismo por todo o mundo, o reparto do mesmo de nova forma entre os poderosos do mundo e a criación de novas asociacións de ámbito mundial con capacidade de goberno en todo o mundo. Debullamos polo miúdo como se desenvolven as relacións económicas mundiais segundo os economistas críticos e tratamos de explicar tamén detalladamente como funciona o imperio que é unha noción económica non política.
 
Rubén Cela Díaz nado en Lugo en 1979. É  Licenciado en Economía pola USC. Traballa no ámbito da consultoría privada. No ámbito político foi activista do movemento estudantil nos Comités Abertos de Estudantes (CAE) no Instituto e, posteriormente na Universidade nos Comités Abertos de Faculdade (CAF). Foi Secretario Xeral de Galiza Nova (2000-2004)  e membro do Consello Nacional do BNG durante máis de dúas décadas e da súa Permanente e Executiva Nacional en diferentes períodos. Desde 2019 é Presidente da Fundación Galiza Sempre.
Ten estudado en profundidade a relación entre marxismo e cuestión nacional, publicando diferentes artigos ao respecto (incluído un no Terra e Tempo que se presenta) e participado como ponente en diferentes congresos internacionais que abordaban a cuestión nacional desde unha perspectiva marxista. O título da súa disertación é

Marxismo e cuestión nacional: unha relectura para o século XXI
Abordarase como V.I. Lenin conceptualizou o dereito de autodeterminación dos pobos, como o encadrou no marco xeral da loita polo socialismo e cal é a vixencia do seu pensamento. Partiremos dunha breve análise da evolución de Marx e Engels neste ámbito para ver como influíron no pensamento de Lenin á hora de abordar o dereito de autodeterminación e como este último conecta coas últimas teorizacións dos fundadores do marxismo ao respecto, fainas evolucionar e as adapta a unha nova fase do capitalismo que comezaba a nacer.
 
 Xoán Carlos Garrido Couceiro, naceu na Estrada no ano 1.965,  licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación na  USC e cursou  o doutoramento en Antropoloxía.   Ten participado en Ponencias na “Semana Galega de Filosofía” e no “Congreso Castelao. Na actualidade é profesor de filosofía, autor de diferentes obras como “O pensamento de Castelao”, “Piñeiro contra Castelao” e coautor de “Do piñeirismo ao consello da mocidade”. O seu artigo céntrase en

Castelao: Pensar coma Lenin
Co comezo do século XX, o marxismo oficial, encarnado nos grandes partidos socialdemócratas europeos víronse tan intimamente inseridos nos Estados Imperialistas que ao chegar a I Guerra Mundial acompañaron as oligarquías destes nunha loita fratricida entre as clases populares destes países que eran levadas ao matadoiro cos ollos vendados por unha ideoloxía socialista que xa pouco tiña en común co proxecto dos seus fundadores. Diante diso prodúcese un esgazamento do movemento marxista internacional encabezado por Lenin e que responde a un regreso as bases do pensamento de Marx e Engels e ao método hegeliano que os inspirou.
Ao mesmo tempo, froito do rexurdir das vellas nacións sen Estado da Europa, na Galiza e noutros lugares xorde tamén un xeito de pensar a emancipación con ferramentas teóricas semellantes as que estaba a desenvolver o leninismo e que no caso de Castelao se consolidan como un método de análise que levará a confluír con moitas das conclusións as que chega o propio Lenin. Non só a respecto do dereito de autodeterminación e o antiimperialismo senón tamén en moitos outras cuestións que podemos sintetizar en tres aspectos. O concepto de ideoloxía, o definición do concreto e a teoría do partido.
​
A entrada é libre até encher o aforo.
 

0 Comentários

A FRAGA DOS TEIXOS. RELATO DUN NATURALISTA TOLO.

11/3/2025

0 Comentários

 
Fotografia
A actividade que imos realizar o vindeiro venre, 14 de marzo, ás 20h.  no Espazo Enocultural Vide,Vide! leva por título A FRAGA DOS TEIXOS. Relato dun naturalista tolo.

Nela proxectaremos un audiovisual e  Xosé Salvadores,  conversará con Anxo Louzao facendo  a crónica, persoal e apaixonada, de un ano de traballo nun monte da Mariña de Lugo. Observacións, reflexións e restauración da biodiversidade nuns poucos ferrados de monte rodeados de eucaliptos, que conforman un Caderno de campo que achega á fauna e flora de Galiza e, especificamente, á da  Mariña. O seu libro  é  tamén un convite para actuarmos en defensa da natureza e do noso medio, tan agredido. Mesmo pode servir como exemplo do que pode ser feito con vontade individual e, sobre todo, con planificación institucional e esforzo colectivo.
​
Contamos coa túa presenza e participación. A entrada será de balde até completar aforo.
0 Comentários

FESTIVAL ÒMNIUM DE CINENA. SEGUNDA SESIÓN.

10/3/2025

0 Comentários

 
Fotografia
O FESTIVAL ÒMNIUM DE CINENA continúa hoxe, martes 11 de marzo, ás 19:30-21:00 h., no CSC do Ensanche. A entrada é de balde até encher o aforo.
Nesta sesión proxectaranse as seguintes curtas:
• Trenc d´alba (2023). Anna Llargués. 29´
• Ei, Temi (2024). VVAA. 20´
• Atàvic (2024). Albert Blay. 12´
• El bon auguri (2024). Alba Bresolí. 14´
• Plora aquí (2024). Pablo Maestres. 22´
0 Comentários

FESTIVAL ÒMNIUM DE CINEMA

8/3/2025

0 Comentários

 
Fotografia
Os días 10 e 11 de marzo a Asociación Cultural O Galo trae a Compostela o Festival Òmnium de Cinema 9a edició.
A Asociación Cultural O Galo, en colaboración coa Asociación Cultural Òmnium de Barcelona, traerán os vindeiros días 11 e 12 de marzo ás 19:30 h. unha serie de curtametraxes creadas nos Países Cataláns. A cita será no CSC do Ensanche, en dúas sesións que durarán 90 minutos.
Así, a colaboración entre as dúas asociacións culturais permitirá unir lazos entre a nación galega e a nación catalá, permitindo unha conexión a través da proxección das mellores curtametraxes en lingua catalá, promovendo a creación e a interacción artística entre as diferentes realidades nacionais do estado. En total, o programa traerá 10 obras que veremos divididas en dúas sesións de cinco cada unha, durando entre 4 e 29 minutos cada obra.
Esta iniciativa xorde dende Òmnium e, dentro dos Países Cataláns, conta con proxeccións en máis de 90 salas, ademais de distribución dixital e colaboración con plataformas como Filmin ou 3Cat. Trátase, este Festival Òmnium de Cinema, dun programa anual, que serve para a promoción de cinema en lingua catalá, e como conexión entre creadoras, espectadoras e profesionais do audiovisual. A lista de cidades que participan desta iniciativa inclúe localidades dos Países Cataláns como Barcelona ou Valencia, mais ten unha lóxica internacionalista incluíndo concellos de toda a xeografía internacional como Donostia, Marsella, Lisboa, Praga, Brno, Madrid, Montreal ou, agora, Compostela.
A entrada será de balde até completar aforo e trátase da primeira vez que en Compostela se poderá desfrutar deste Festival Òmnium de Cinema.
 
O programa das sesións é o seguinte:
De tu i de mi (De ti e de min): Luns 10 de marzo, 19:30-21:00 h., no CSC do Ensanche.
• Blava Terra (2023). Marime Auclair. 20´
• Demà (2024). Estefania Ortiz. 16´
• El mal d´Hèrcules (2024). VVAA. 18´
• El parèntesi (2024). Carlos R. Haro. 4´
• Sushi (2023). Ivan Morales. 22´
 
Monstres de la llum (Monstros da luz): Martes 11 de marzo, 19:30-21:00 h., no CSC do Ensanche.
• Trenc d´alba (2023). Anna Llargués. 29´
• Ei, Temi (2024). VVAA. 20´
• Atàvic (2024). Albert Blay. 12´
• El bon auguri (2024). Alba Bresolí. 14´
• Plora aquí (2024). Pablo Maestres. 22´
 
0 Comentários

    Arquivos

    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.