Lembramos así a subida a este monte de Castelao e un grupo de amigos seus, algúns membros das Irmandades da Fala e, asemade, os 75 anos da súa morte. A AC. O Galo convídate á lectura do Alba de Gloria.
Non é preciso anotarse, e cada quen debe usar os seus propios medios de transporte para ir ata o Pico Sacro.
PROGRAMA
12:00h.: Benvida e intervención de Manuel Rey profesor e estudoso da figura de Castleo.
12:30h.: Rubida ao último treito do cumio do Pico Sacro con parada na capela. Xa no petouto, as AC. Vagalumes, AC. O Galo e varias asistentes, lerán Alba de Groria de Castelao.
13:30h.: Baixada con parada para ver a chamada cova da Raíña Lupa.
15:00h. aprox.: Xantar de convivio no val do Ulla. O lugar depende da climatoloxia e cada quen levará a súa comida, bebida e os aparellos necesarios.
Feed RSS
