Nela proxectaremos un audiovisual e Xosé Salvadores, conversará con Anxo Louzao facendo a crónica, persoal e apaixonada, de un ano de traballo nun monte da Mariña de Lugo. Observacións, reflexións e restauración da biodiversidade nuns poucos ferrados de monte rodeados de eucaliptos, que conforman un Caderno de campo que achega á fauna e flora de Galiza e, especificamente, á da Mariña. O seu libro é tamén un convite para actuarmos en defensa da natureza e do noso medio, tan agredido. Mesmo pode servir como exemplo do que pode ser feito con vontade individual e, sobre todo, con planificación institucional e esforzo colectivo.
Contamos coa túa presenza e participación. A entrada será de balde até completar aforo.