Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

a cidade que se soñou a si mesma

10/10/2026

0 Comentários

 
Fotografia
 O vindeiro sábado, 17 de outubro, ás 12:00h faremos  unha  visita guiada á exposición  A CIDADE QUE SE SOÑOU A SI MESMA guiados por un dos seus comisarios, Santiago Rodríguez Caramés, profesor do Departamento de Humanidades da Universidade da Coruña.

Esta exposición, organizada polo Consorcio de Santiago, pretende revisitar o episodio da arquitectura rexionalista en Compostela, cuxa herdanza románica e barroca inspirou, xunto coa tradición popular, unha arquitectura que marcou o carácter contemporáneo da cidade. Potenciada polo galeguismo antes da guerra na procura dun estilo nacional, sería asimilado como nota folclórica polas elites locais da posguerra. Desde finais dos anos dez até os anos sesenta, a arquitectura rexionalista convivirá con outras escollas estilísticas, erixíndose como alternativa á modernidade ou, se cadra, como antimodernidade declarada.
​
A través da mostra poderán verse as diferentes opcións rexionalistas dos Antonio Palacios, Jenaro de la Fuente, José María Banet ou Constantino Candeira, entre outros, así como obras tan relevantes como a Residencia de Estudantes (1931-1965) ou o Mercado de Abastos do asturiano Joaquín Vaquero Palacios. Así mesmo, preséntase a virtualización 3D realizada en colaboración co Centro Infográfico Avanzado de Galicia da Rúa Galicia con que Antonio Palacios pretendía unir Porta Faxeira co Obradoiro e que é a gran obra do urbanismo rexionalista.

Para poder asistir compre anotarse antes do 16.10.2026 ás 20h.  mandando un correo a [email protected], indicando: DI, nome e apelidos. Avisaremos por correo electrónico se estades admitidos. 
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Novembro 2026
    Outubro 2026
    Setembro 2026
    Julho 2026
    Junho 2026
    Maio 2026
    Abril 2026
    Março 2026
    Fevereiro 2026
    Janeiro 2026
    Dezembro 2025
    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Setembro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.