No centenario da inauguración da Biblioteca América da USC (1926-2026), esta xornada abordará os desafíos da conservación do patrimonio bibliográfico e documental. O encontro comezará cun breve percorrido pola historia da Biblioteca América, seguido dunha mesa redonda con representantes de institucións públicas, bibliotecas, arquivos e coleccións particulares para compartir experiencias e debater sobre a investigación, conservación, acceso público aos fondos, así como á súa difusión. A xornada rematará cunha visita guiada á exposición "A Biblioteca América: un soño inaugurado en 1926" (Colexio de Fonseca). Entrada libre até encher
Participantes:
Dolores Vilavedra, presidenta do Consello da Cultura Galega
Ana Cabana Iglesia, vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, USC
Pilar Cagiao Vila, profesora de Historia de América, USC
Elena Díaz del Río, Galiciana - Biblioteca Dixital de Galicia
Cristina Lerma Rey, descendente do fundador da Biblioteca América
Modera: Nancy Pérez Rey, HistAmérica, USC
Intervención musical da Orquestra e Coro da Universidade
Feed RSS
