Facendo Cultura en Compostela desde 1961
O Galo
  • Novas
  • Actividades
    • Servizos
  • Arquivo
    • Fotográfico
    • Documental
  • Faite soci@

A BATALLA POLA NACIÓN

18/9/2026

0 Comentários

 
Fotografia
A AC. O Galo organiza un coloquio con Xosé Ramón Ermida titulado A BATALLA POLA NACIÓN.  Entrada libre até encher.
Terá lugar o vindeiro xoves, 24 de setembro, ás 20:00h.  no Espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa Fonte de Stº Antonio nº 10, Santiago).
Falarán:
  • María Antonia Pérez, Presidenta da A.C. O Galo.
  • Rubén Cela, , economista.
  • Xosé Ramón Ermida Meilán, autor do libro.
Xosé Ramón Ermida é xornalista de Nós Diario e investiga sobre a historia do nacionalismo e dos movementos sociais e políticos da Galiza contemporánea.
 Acada de publicar o libro A BATALLA POLA NACIÓN Historia da creación e consolidación da Unión do Povo Galego. Volume I (1950-1966), editado pola Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas, que recolle a crónica do conflito ideolóxico e político ao redor do feito galego, das posibilidades, capacidades e estratexias do país para desenvolverse e do seu papel no mundo e no Estado.
O tempo político que debulla este traballo é o da década dos 50 e dos primeiros 60. Nel percorrésense as diverxencias do núcleo liderado por Ramón Piñeiro con Daniel Castelao e o nacionalismo exiliado en América, a primeira contestación das novas xeracións á política do grupo Galaxia, a aparición do asociacionismo cultural, o nacemento e morte do Consello da Mocidade, o nacemento do Partido Socialista Galego (PSG) e da Unión Cristián-Demócrata da Galiza (UCDG) e a constitución en 1964 da Unión do Povo Galego, co que se inaugura o capítulo contemporáneo do nacionalismo galego.

​Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz, 1973)
Xornalista en Nós Diario, onde asina co pseudónimo de Xacobe Ferreiro e Cilia Torna, realizou diversos traballos de investigación histórica centrados, fundamentalmente, no nacionalismo galego, na represión e na resistencia antifranquista e nos movementos sociais e políticos da Galiza contemporánea. Así, deu ao prelo o libro Mortos por amor á terra. A represión sobre o nacionalismo galego, 1936-1950 (2016); As Irmandades da Fala (2017).
Tamén se achegou á historia dos movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea, coordinando o libro Rebeldía galega contra a inxustiza (2018), onde publicou un traballo sobre o masacre da Oseira. Tamén coordinou o libro Galiza 1968.A consciencia avivada (2018).

​A BATALLA POLA NACIÓN é a crónica dun conflito ideolóxico e político ao redor do feito galego, das posibilidades, capacidades e estratexias do país para desenvolverse e do seu papel no mundo e no estado. Esta batalla arrancou na segunda metade dos anos 40, desenvolveuse na década dos 50 e intensificouse nos primeiros 60, sen escapar ás grandes tendencias e correntes que marcaron o mundo após da II Guerra Mundial, moi particularmente aos pólos en fricción da denominada Guerra Fría, onde a loita anticolonial impulsada polos movementos de liberación nacional apareceu como punto central.
O tempo político que debulla este traballo é o da década dos anos 50 e os primeiros 60. Nel percórrense as diverxencias do núcleo liderado por Ramón Piñeiro con Daniel Castelao e o nacionalismo exiliado en América, a primeira contestación das novas xeracións á política do grupo Galaxia, a aparición do asociacionismo cultural, o nacemento e morte do Consello da Mocidade, o nacemento do Partido Socialista Galego e da Unión Cristián-Demócrata de Galicia e da constitución en 1964 da Unión do Povo Galego, recuperando o nome e o programa dunha organización impulsada en outono de 1963 en Madrid.
O nacionalismo estivo no centro de todas as loitas e batallas que se relatan neste traballo. Mentres o grupo ligado a Ramón Piñeiro o consideraba como unha fase “atrasada” e “superada” do galeguismo e cuestionaba a proposta doutrinal sistematizada no libro Sempre en Galiza, os sectores organizados arredor do Consello de Galiza en Bos aires afirmaban a súa vixencia e reivindicaban o herdo teórico de Daniel Castelao. Unha postura semellante defenderon  nos primeiros 60 un grupo de mozos que tomaron contacto coa cuestión galega no colectivo Brais Pinto e impulsaron o Consello da Mocidade e posteriormente, o 25 de xullo de 1964,a Unión do Povo Galego, inaugurando o capítulo contemporáneo da nacionalismo galego.
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Arquivos

    Outubro 2026
    Setembro 2026
    Julho 2026
    Junho 2026
    Maio 2026
    Abril 2026
    Março 2026
    Fevereiro 2026
    Janeiro 2026
    Dezembro 2025
    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Setembro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Fevereiro 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Julho 2023
    Junho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Março 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Outubro 2021
    Setembro 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Outubro 2020
    Maio 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018

    Feed RSS

    Imagen
    Imagem
    A Deputación da Coruña colabora coa concesión de subvencións, para que sexa posíbel a organización dalgunha destas actividades.

Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.