8 MULLERES GALEGAS QUE MOVERON OS MARCOS
No Claustro Alto do Colexio de Fonseca, guiados por Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria e comisaria da exposición, percorreremos esta exposición, nela exhíbense oito paneis dedicados a cada unha destas pioneiras cos que a Biblioteca da USC quere contribuír a poñer en pé de igualdade as súas figuras. Trátase dun mínimo botón de mostra documental da intensa actividade dalgunhas destas mulleres. Doutras, apenas se puideron reunir unhas poucas imaxes e algunha breve noticia nun xornal, de xeito que o espazo reservado a estas últimas nas vitrinas actúa tamén como testemuño do esquezo ao que foron relegadas.